jueves, 4 de octubre de 2007

Un problema... menos...












O CONCELLO DESISTE DO CONTENCIOSO CONTRA POLÍTICA TERRITORIAL POLO CENTRO DE SAÚDE

Unha vez acordado en pleno, por unanimidade, a cesión a Sanidade dos terreos necesarios para ampliar o inmoble, a coherencia impón renunciar a continuar co proceso xudicial

Por iso hoxe firmei unha resolución de desestimento do recurso contencioso-administrativo interposto no seu día perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra a Orde do 10 de novembro de 2005 da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes pola que se denegou a aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM para o centro de saúde da vila.

Esta decisión, como se argumenta na mesma resolución, baséase no acordo plenario do pasado 13 de setembro, no que a corporación aprobou por unanimidade poñer a disposición da Consellería de Sanidade os terreos necesarios para proceder á ampliación do centro de saúde. Esta decisión, sumada á intención da Xunta de amañar a cuestión litixiosa dunha forma amistosa, son razóns mais que suficientes para poñer fin á vía xudicial e, polo tanto, renunciar a dito recurso contencioso-administrativo.

Como recordaredes, Cendán acudíu á vía xudicial, tanto contra Política Territorial como contra Sanidade (neste último caso o recurso foi desestimado ata en dúas ocasións), para evitar que o novo centro de saúde se excutase nas actuais instalacións, xa que a súa intención, fronte a opinión da Xunta, pasaba por construir un edificio na zona de Pedrós.

Agora, co compromiso e a dotación orzamentaria do departamento que dirixe María José Rubio e o acordo de cesión de terreos, os veciños de Ares disporán en menos de dous anos dun novo centro de saúde, de maior superficie e máis e mellores servizos.

No hay comentarios: