miércoles, 17 de octubre de 2007

O xefe da demarcación de costas mañá en Ares

O XEFE DA DEMARCACIÓN DE COSTAS PERCORRERÁ MAÑÁ A VILA DE REDES, DIFERENTES ARENAIS DO MUNICIPIO ARESÁN E A PRAIA DE CHANTEIRO



Rafael Eimil volta a Ares a concretar proxectos pendentes

Mañá recibiremos ao xefe da Demarcación de Costas, Rafael Eimil, sobre as 11.00 horas e, despois dun breve encontro cos medios de comunicación, faremos un percorrido polo municipio para darlle a coñecer in situ algúns dos proxectos previstos polo equipo de goberno para o noso litoral.

Con dito ánimo visitaremos Redes, vila na que se levará a cabo unha actuación do Ministerio de Medio Ambiente consistente no empedrado da rúa Nova e a praza do Pedregal, así como a urbanización do aparcadoiro. Ademais, a intervención, que unicamente está pendente da súa aprobación por parte do Consello de Ministros, contempla a recuperación do castelo de Redes, trasladando a sede do Club de Remo –entidade que na actualidade ocupa a atalaia- a un espazo próximo de nova construcción. Estes traballos suporán un desembolso de máis de 1,5 millóns de euros.

Logo faremos un percorrido por diferentes praias do municipio, co obxectivo de seguir traballando en prol da accesibilidade a todas elas, e en especial ás de centeás, estacas e as mirandas.

Outro dos lugares que visitaremos é Chanteiro, xa que para esta parroquia hai dúas intervencións comprometidas recentemente por Costas. A primeira, que se executará pola vía de urxencia, pasa por arranxar o lateral da estrada da Praia Pequena, que bordea a costa a unha altura considerable e que, pola forza do mar e a erosión, está a perder parte da anchura da calzada, mentres que a segunda corresponde a un proxecto integral de adecuación do litoral na praia de Chanteiro. Neste caso, consiste no saneamento do contorno do areal, a construcción dun aparcadoiro público e a adecuación dos accesos. Ademais, desta praia partirá un paseo peonil polo litoral, que rematará na zona da Coitelada e que pasará polo camiño da Praia Pequena –o que agora se vai reparar-.

Con toda seguridade, tratarase dunha visita moi productiva.

No hay comentarios: