A chegada do Winnipeg a Valparaíso o 3 de setembro de 1939 cós refuxiados españois, é produto do traballo despregado polo poeta chileno Pablo Neruda, naqueles tempos cónsul especial para a inmigración española do seu país no fermoso París. A non menos fermosa aventura do Winnipeg foi fiel reflexo do seu sentimento humanista e militante, e tamén da solidariedade do pobo chileno coas vítimas da barbarie fascista.
O destacado pintor José Balmes recorda: "Era de noite en Valparaíso cando chegamos. Toda a bahía estaba iluminada, case ninguén se moveu da cuberta ata o amencer. Había sol de primaveira ese día. En terra, rostros e mans entregábannos a súa amizade, a súa benvida. Logo de moito tempo sabiamos novamente o significado dún abrazo. O tren levounos pronto a Santiago, e ó paso lento por estacións, xentes que non coñeciamos entregábannos rosas e claveis. Ó amencer, miles de homes e mulleres esperábannos na estación Mapocho no medio dunha multitude de cantos e bandeiras. Era o comezo dun exilio distinto".
José Balmes tamén narra, pese ós seus entón 12 anos, como Pablo Neruda e Delia del Carril vestidos de branco e con chapeu, nese comezo de verán americano de 1939, recibían a avalancha de homes, mulleres e nenos. Relata que alí, xunto ó Winnipeg, que estaba pegado ó malecón, outorgáronselles a tódolos refuxiados, en nome de Chile, papeis con timbres e fotos que os convertían novamente en homes e mulleres libres.
Agrega que a viaxe foi case interminable, porque se trataba dun barco que fora cargueiro de peixe. Os seus camarotes eran literas de seis camas de madeira. Pero a esperanza de seguir con vida e gozar da liberdade mitigaba a dureza da viaxe, dende o embarque no porto francés de Trompeloup Pauillac e a partida o 4 de agosto de 1939, ata a chegada a Valparaíso o 3 de setembro de 1939.
Un tema recurrente son as razóns de Pablo Neruda, entón un novo poeta chileno, para preocuparse polos exiliados españois nunha loita plagada de dificultades e intereses negativos, ata lograr adquirir o barco e organizar a emigración. Unha única viaxe, por certo, para a esperanza, pois xa sería demasiado tarde para organizar outras.
Coñécese a parte negativa do ser humano, cás súas baixezas. Pero a historia do Winnipeg móstranos tamén a parte boa: o amor ós seus semellantes e a xenerosidade dún mozo chamado Pablo Neruda.
!Como a conduta dún só home pode cambiar o destino de tantos¡
Pablo Neruda fixo as xestións para o traslado dos refuxiados a Chile por encargo do seu presidente, Pedro Aguirre Cerda, e do partido da Fronte Popular.
No Winnipeg chegaron a Chile intelectuais, pintores, escritores, profesionais cualificados..., homes e mulleres de empuxe e de tesón que deixaron as súas pegadas nese país.
Juan José Casanova, outro dos refuxiados, recorda: "Os refuxiados do Winnipeg eran todos sembradores, dicía o meu pai, que era un pouco poeta, porque o home que pasa pola terra e non sementa pasou en balde".
Algúns quixeron render unha homenaxe ó presidente Pedro Aguirre Cerda. Para ilo copiaron unha pequena foto e pintaron un gran cadro que serviu de bandeira patria da nave, como pode apreciarse na fotografía.
A inmensa maioría deles xa morreu. E de seguro que todos iles levaron ben presente ata a súa tumba este viaxe. Un viaxe que partíu do corazón dún poeta e que fíxose realidade grazas a xenerosidade de todo un pobo. Tamén é seguro que poden descansar en paz, pois deixaron en Chile os seus froitos.
Durante a viaxe só morreu unha persoa, pero tamén naceu unha nena que foi bautizada co nome de América Winnipeg. Precisamente, có nome da terra e do barco no que os dous mil cincocentos depositaron todas as súas esperanzas.
Grazas Pablo.
E eu hoxe, por todos iles, grito ¡Viva Chile!
No hay comentarios:
Publicar un comentario