OS CONCELLOS DE ARES E MUGARDOS PORÁN EN MARCHA DE FORMA CONXUNTA UN SERVIZO DE TRANSPORTE ADAPTADO
O novo servizo comezará a funcionar de forma experimental en decembro
Os Concellos de Ares e Mugardos porán en marcha de forma conxunta un servizo de transporte adaptado para persoas maiores e/ou con mobilidade reducida. Esta iniciativa, que será desenvolvida pola Asociación Socio-Cultural de Minusválidos, comezará a funcionar de forma experimental no vindeiro mes de decembro.
Os obxectivos cos que nace son os de facilitar a este sector da poboación con problemas de mobilidade o acceso normalizado aos servizos e recursos sociais; promover a disponibilidade de recursos de apoio para aliviar a situación das familias coidadoras, o acompañamento a xestións e a realización de diversos trámites; apoiar aos dous Concellos para facer fronte a situacións de dependencia e axudar aos veciños con dificultades de desprazamento; e establecer unha estratexia de compensación territorial que reequilibre os recursos de acceso e atención para persoas dependentes.
Unha furgoneta adaptada con será a encargada de facer os traxectos, nos que viaxarán, co obxectivo de que o servizo funcione correctamente, un monitor e, lóxicamente, o conductor do vehículo. Estas persoas serán as encargadas de recoller aos usuarios nos seus domicilios, trasladalos aos diferentes lugares e facer o camiño de volta ás súas casas; acompañalos física e socialmente na tramitación de xestións, e apoialos para o desenvolvemento das diferentes actividades.
As persoas interesadas poderán solicitar o transporte telefónica ou persoalmente dirixíndose á persoa responsable do servizo (terá un coordinador e un telefonista), cun prazo mínimo de antelación dun día hábil, indicando o lugar de recollida, o destino e as horas de saída e chegada.
O novo servizo, no que están implicadas de forma directa a Concellaría de Servizos Sociais de Ares e a de Benestar Social de Mugardos, funcionará de luns a venres a xornada partida.
Os costes do servizo que prestará a Asociación Sociocultural de Minusválidos serán asumidos de forma conxunta polos dous municipios, que se decidiron a poñelo en marcha para dar solución aos problemas aos que teñen que facer fronte as persoas con problemas de mobilidade para acceder a determinados servizos, dada a dispersión poboacional existentes tanto en Ares como en Mugardos.
As comisións informativas de Servizos Sociais e Benestar Social de cada un dos municipios promotores da iniciativa dictaminaron favorablemente este proxecto (o pasado luns a de Ares e hoxe mesmo a de Mugardos), que é unha mostra máis da boa sintonía e colaboración entre os nosos Concellos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario