Chegaron ó porto de Valparaíso a noite do 2 de setembro de 1939. As estrelas se acendían no mar e confundíanse cos escintileos desa descoñecida parada.
¡Parecía Barcelona!, exclamaba alguén. Se asemellaba ás cidades mediterráneas, e non era unha noite triste, senón longa. Quizais, a máis longa da vida.
O capitán pensou que era mellor chegar de día, xa que estaba o rumor en terra de que os viaxeiros viñan con doenzas.
Miraban o porto, as luces dos cerros e todos choraban coma nenos. Víase fermoso. As estrelas prolongábanse nos cerros e chegaban ata o mar en varias filas amarelas. Esa noite ninguén durmíu, como recorda un dos navegantes.
Cos primeiros escintileos de luz dese domingo primaveral, o barco ingresou á bahía e tiraron as escaleiras. Unha multitude esperábaos, cún palco de honor e música de fondo.
Por suposto que estaban as autoridades, amigos e simpatizantes do Partido Comunista e Radical.
Un grupo de enfermeiros do Ministerio de Sanidade esperábaos para vacinalos antes de repartilos entre a solidariedade porteña e santiaguina.
O curioso é que a persoa que liderou a vacinación dos refuxiados, o ministro de Sanidade, anos despois cambiaría o rumbo da historia chilena. Era Salvador Allende.
Da pouco foron baixando os sobrevivientes no sitio A do espigón. O primeiro en pisar o chan gritou: ¡Viva Chile! ¡Vimos traballar e a honrar a este país!
Despois do xantar, dous trens esperaban mais de mil cincocentos refuxiados para levalos a Santiago.
Os demais quedaríanse preto do mar... como Aurelio...
No hay comentarios:
Publicar un comentario