martes, 2 de octubre de 2007

Cumprimento efectivo dos horarios... pero no eido dunha xornada laboral flexible...

O GOBERNO LOCAL IMPULSA A CONCILIACIÓN FAMILIAR ENTRE OS TRABALLADORES DO CONCELLO



O persoal municipal debe fichar as súas entradas e saídas, aínda que en función das súas cargas familiares poderá ter un horario flexible

A concialiación da vida familiar e laboral é unha das premisas que defende o actual grupo de goberno de Ares, que con este obxectivo vén de instalar unha máquina para que os traballadores do Concello fichen as súas entradas e saídas.

A finalidade desta medida, que comezou a funcionar o pasado luns, día 1 de outubro, é que os empleados municipais cumpran o seu horario, de 37,5 horas semanais, pero cunha certa flexibilidade en función das súas cargas familiares.

Así, por exemplo, se un/unha traballador/a ten que deixar aos seus fillos na escola ou atender a persoas maiores poderá entrar máis tarde ou saír antes co resto, compensando as horas que lle queden pendentes noutra franxa horaria da xornada laboral, ben na propia mañá ou acudindo pola tarde o tempo necesario para completala súa xornada semanal.

En total, son vinte os traballadores que fichan na nova máquina, instalada na entrada do novo edificio da Casa Consitorial.

No fondo, trátase dunha medida que xa ven aplicándose, con moito éxito por certo, no eido do persoal da administración de xustiza e que eu tiven a oportunidade de coñecer na miña etapa de Director Xeral.

Nota: esta nova na Voz de Galicia.

No hay comentarios: