"Gustoume dende o comezo a palabra Winnipeg. As palabras teñen ás ou non as teñen. A palabra Winnipeg é alada. A vín voar por primeira vez nun atracadeiro de vapores, cerca de Burdeos. Era un fermoso barco vello, con esa dignidade que dan os sete mares ó longo do tempo. O certo é que nunca levou aquel barco mais de setenta ou oitenta personas a bordo. O demais foi cacao, copra, sacos de café e de arroz, minerais. Agora lle estaba destinado un cargamento mais importante: a esperanza..."
Forma parte do mito desta aventura onde estará agora o Winnipeg.
Uns poucos din que foi afundido nas costas americanas, pero outros sosteñen, con maior credibilidade, que os submarinos nazis mandárono ao fondo do mar moi preto das illas Azores.
Onde queira que esté o poema que cruzou o Atlántico, o mais grande poema de Neruda ("Que a crítica borre toda a miña poesía, se lle parece. Pero este poema, que hoxe recordo, non poderá borralo ninguén"), o meu respecto e o meu saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario