O GOBERNO LOCAL REPÓN A LEGALIDADE NUN CAMIÑO DE ACCESO Á PRAIA DE SESELLE
Costas, que sancionou ao Concello por esta actuación, comezou a retirar o asfalto de 120 metros dun vial que invadía o dominio público marítimo terrestre
O Asfaltado pódese apreciar no marxe inferior esquerdo da fotografía, xusto por onde vai o coche...
A Demarcación de Costas procedeu esta mañá á retirada do asfaltado de parte dun vial que fora executado hai varios anos polo Concello, entón presidido polo "popular" José Manuel Cendán.
Trátase dun camiño de acceso á praia de Seselle (no que se atopa o aparcadoiro público do Concello) que ten unha lonxitude duns 120 metros e que remata nunha vivenda particular. Dito vial, que era un camiño de terra, fora obxecto dunhas obras de mellora con aglomerado en plena zona de dominio público marítimo terrestre, segundo denunciou Costas o día 21 de maio de 2003, a que derivou nun expedente resolto o día 3 de novembro do mesmo ano e notificado ao Concello o día 12 dese mes.
A pesares do expedente aberto pola Demarcación de Costas e a imposición dunha sanción económica, cuantificada en 1.296 euros, o entón goberno local tampouco acatou esta orde do organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente.
Pero agora, o novo goberno vén de autorizar a Costas para que acometa as obras pertinentes co obxectivo de repoñer a legalidade, neste caso medioambiental.
Na tarde de onte, procedeuse ao marcado da zona afectada polo dominio público e hoxe, ás nove da mañá, os operarios comezaron a retirar o asfalto do camiño na parte afectada. A media mañá, os traballos estaban xa moi avanzados.
Esta multa súmase aos 1.502,52 euros que a administración local tivo que pagar á Consellería de Medio Ambiente por un recheo realizado no regato de Xanes sen contar coa pertinente autorización e que tamén "pertence" ao mandato do PP.
Así, e ata o de agora, o Concello, que arrastra uns importantes problemas económicos pola xestión realizada nos últimos anos, acumula nestes primeiros meses de mandato socialista multas relativas a actuacións do anterior mandato (xa popularmente coñecidas como "cendandadas") por un importe de case 3.000 euros.
Como sempre dixen, unha das principais máximas do meu mandato é a de acatar as normas en todos os ámbitos e repoñer a legalidade nas actuacións que a a incumpran. Neste apartado inclúese, como non podía ser doutro modo, as do propia Casa Consistorial.
Precisamente co obxectivo de abordar a legalización da actual Casa do Concello, teño solicitada unha última reunión co director xeral de Urbanismo, Ramón Lueje, co que xa tiven varios encontros anteriores para tratar esta cuestión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario