He aquí mi secreto, que no puede ser más simple: no se ve bien sino con el corazón; lo esencial es invisible para los ojos...
lunes, 15 de octubre de 2007
Nota de prensa para mañá: Santa Catalina e as baterías da costa...
O ALCALDE MANTERÁ O DÍA 12 DE NOVEMBRO UNHA REUNIÓN CO DIRECTOR GENERAL DE INFRAESTRUCTURA DE DEFENSA
Julio Iglesias viaxará a Madrid para abordar con Jaime Jesús Denis Zambrana a recuperación dos usos do mosteiro de Santa Catalina e a cesión das baterías
ARES, 15 DE OUTUBRO DE 2007.- O alcalde de Ares, Julio Iglesias, viaxará o vindeiro 12 de novembro a Madrid para manter unha reunión co director general de Infraestructura de Defensa, Jaime Jesús Denis Zambrana.
O obxectivo do encontro non é outro que o de abordar a recuperación dos usos do mosteiro de Santa Catalina, revocados a finais do pasado ano 2006 polo incumprimento do Concello no mantemento deste monumento declarado Ben de Interese Cultural.
Ademais, o rexedor socialista plantexará a cesión á administración local das baterías de costa do municipio, xa que a pretensión do actual grupo de goberno pasa por incluir todo este importante patrimonio nun proxecto integral que permita a posta en valor de dito conxunto arquitectónico.
Por iso, o equipo de goberno traballa tamén na redacción dun plan de usos viable, é dicir, que garanta que non se produzan os mesmos problemas que fixeron que o Ministerio de Defensa recuperase os usos do mosteiro.
Aínda que existen varios proxectos moi diferentes, a intención do goberno de Ares é a de adicar este monumento ao sector servizos.
Pero as pretensións do rexedor socialista van aínda máis aló; de aí que a rolda de contactos non rematen coa reunión co director general de Infraestructura de Defensa, senón que Iglesias xa solicitou outras entrevistas cos responsables de Patrimonio da Xunta e de Turespaña, entre outros membros das diferentes administracións implicadas.
No caso de que o Concello recupere os usos do mosteiro de Santa Catalina, o seguinte paso será o de buscar financiación para a súa rehabilitación.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario