POLÍTICA TERRITORIAL REPARARÁ POLA VÍA DE URXENCIA O FIRME DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN DA VILA DE ARES
O delegado provincial deste departamento, o valdoviñés Alberto González, recorreu a nosa vila e comprometeuse a reparar e repoñer o firme da praza da Constitución
A actuación realizarase pola vía de urxencia, dado o estado no que se atopan moitas lousas de pizarra da praza -provocou a caída de varias persoas durante o verán-, e farase mediante un convenio de colaboración entre as dúas administracións.
Este compromiso foi acadado na visita que González fixo ao Concello de Ares.
Teño que destacar a receptividade atopada en Alberto González, a quen lle plantexei diversos proxectos, que agora serán estudados pola Consellería de Política Territorial.
Concretamente, faleille da posibilidade de humanizar o parque infantil do Porto; do levantado do asfaltado e posterior empedrado das rúas do Medio e de Arriba de Redes; da humanización da praza Alcalde López Lourido; e da instalación dun parque xeriátrico, cuxa ubicación aínda está por definir.
Precisamente esta última actuación xa se levou a cabo noutros municipios galegos, cun notable éxito entre a terceira idade, que tería á súa disposición inxenios adaptados para as súas condicións.
Ademais, a intervención prevista na praza da Constitución podería non ser a única que se leve a cabo neste espazo do casco urbán da vila, xa que, a este respecto, lle plantexei tamén a posibilidade de que, ao marxe das obras que se executarán pola vía de urxencia, se desenvolva unha actuación integral que lle dea un aspecto máis noble e acorde coa súa ubicación en Ares.
Agora, o de sempre, a esperar...
No hay comentarios:
Publicar un comentario