"É o esforzo levado a cabo polos veciños e veciñas ao longo da historia o que mantén a Redes no seu estado orixinal"
"E dito esforzo secular foi o que, verdadeiramente, lle valeu a Redes a distinción por parte da delegación coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia".
No marco das actividades organizadas durante toda a mañá de onte por este colectivo na vila mariñeira, á que lle adicaron este ano –o pasado día 1- o Día Mundial da Arquitectura, non se pode lembrar que os redeños foron quen de conservar o esquema primixenio da vila, fronte ao que ocurríu noutros lugares, nos que se pode observar cunha simple ollada o impacto urbanístico dos últimos anos.

Neste aspecto, pódese afirmar que os parámetros actuais van na liña dun dos pilares do programa político dos socialistas de Ares, que é o ecoturismo, xa que pretendemos sacarlle o máximo partido posible ás potencialidades dun municipio que as ten, como é Ares, pero sempre respectando o entorno e o medio ambiente.
Lugares como o peirao de Redes, a praia de Area Morta –que onte lucía un aspecto similar ao da súa orixe, grazas a unha obra, consistente na colocación de cabrias con redes por enriba, realizada polo artista Paco Pestana-, a de Sabadelle ou as múltiples calas desta zona son algúns dos exemplos a destacar nunha vila que é un dos lugares máis emblemáticos e singulares do municipio e de toda a comarca ferrolá.
O de onte foi un "día moi especial", polo "recoñecemento do que se está a facer en Redes dende fai moitos anos sen nengún tipo de axudas públicas". Foi este esforzo exclusivo dos redeños e redeñas o que deu lugar a un "entorno privilexiado, pintoresco e singular".
"Hoxe estamos ledos porque isto supón un recoñecemento que ven dende fora a algo que se está a facer dende sempre sen a implicación de ningunha administración".
A partires de eiquí, é evidente que temos que aproveitar dito recoñecemento para solicitar as reunións que fagan falla falar estudar o deseño e execución dalgún tipo de actuación ou de plan dirixido a destinar axudas para a rehabilitación e recuperación integral desta vila aresana.
Ademais, non estaría nada mal que a delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos se comprometese a erixir un recordo permanente deste recoñecemento público, co obxectivo de que quede reflexada para o futuro esta homenaxe ao traballo desenvolvido polos redeños.



As actividades concluiron nos xardíns de Vila Amalia, donde tivo lugar o xantar dos arquitectos asistentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario