Ao marxe de procesos xudiciais, o Concello ten a obriga de cumprir a Lei e acatar as resolucións doutras Administracións dictadas no eido das súas competencias
CENTRO DE SAÚDE
Fronte ás manifestacións realizadas esta mañá polo voceiro e ex rexedor do Concello polo PP, José Manuel Cendán, hai que lembrar que o seu grupo respaldou en pleno a cesión dos terreos ao Sergas para a construcción do centro de saúde xunto ao actual inmoble.
Neste sentido, non ofrece dúbida que a opción na que traballa na actualidade a Consellería de Sanidade é a máis axeitada, xa que se mantén no centro do pobo, se atopa en terreos municipais e, ademais, contempla, como anunciou a conselleira de Sanidade, María José Rubio, na súa recente visita a Ares, a ampliación do número de servizos e consultas que presta na actualidade o centro.
Ademais, penso que hai que agargar a que Sanidade presente o proxecto no que xa está a traballar para poder criticalo, se así se considera oportuno.
CASA DO CONCELLO
En canto ao edificio do Concello, o goberno local aposta por cumprir de inmediato a legalidade e, polo tanto, o que marca a Dirección Xeral de Urbanismo, que ven considerando que o inmoble vulnera o Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Ao Concello correspóndelle velar polo cumprimento da disciplina urbanística, o que significa que debe ser o primeiro en camiñar pola senda da legalidade, dando así exemplo.
Nesta liña, parece que o mais sinxelo é presentar unha modificación puntual do PXOM para garantir dous obxectivos: o primeiro, non dilapidar a inversión feita cós cartos de todos nós; e o segundo, intentar rescatar parte das subvencións perdidas por non axustarse á legalidade, pois para a súa construcción non houbo “nin un so euro” doutras Administracións polas infraccións detectadas e, polo tanto, tivo que ser sufragado na súa totalidade cós cartos de todos os aresáns.
Polo demais, é evidente que Cendán non é o máis capacitado para dar leccións a ninguén sobre legalidade.
Ao respecto, baste recordar as sancións ás que ten que facer fronte o novo goberno local polo asfaltado dun camiño en dominio público marítimo terrestre en Seselle e polo recheo no regato de Xanes. Multas que acadan case os 3.000 euros. Amén de todas as irregularidades urbanísticas consentidas durante o anterior mandato, as que, cando menos, deixan constancia do pouco interesese amosado por Cendán neste ámbito. Así, tivo que ser este goberno o que paralizou e precintou ata cinco obras de construcción de inmobles, das que aínda queda unha sen solventar –xa que o resto dos constructores resolveron os diferentes problemas plantexados-.
Sendo así, unha das múltiples preguntas ás que tería que respostar Cendán é a de cómo foi posible a construcción dun edificio con máis de cinco metros de fachada dos permitidos (concretamente na obra que aínda segue paralizada), cando o único que lle facía falla era algo tan sinxelo como un simple metro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario