miércoles, 24 de octubre de 2007

O pleno de maña...

O PLENO DEBATE MAÑÁ A INCORPORACIÓN DO CONCELLO AO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS SOCIAIS DA XUNTA

A corporación tamén abordará a cesión dos terreos para a construcción da galescola, ademais da integración no Fondo Galego de Soliedaridade

A sesión ordinaria de fin de mes celebrarase ás 12.00 horas de mañá xoves

Como se recordará, esta cuestión foi plantexada no anterior pleno, xa que o BNG presentou unha moción ao respecto.

Eu pedira, finalmente, que o tema fora tratado en profundida pola xunta de portavoces para, posteriormente, incluilo en pleno pero xa como punto da orde do día, e así quedou resolto e ímolo facer no pleno de mañá, ao que regresa a adhesión ao Consorcio de Igualdade e Benestar.

Vencellado directamente con esta institución atópase a construcción dunha galescola en Ares, actuación que o grupo de goberno considera de vital importancia para este municipio, que carece deste servizo a pesares do seu constante crecemento demográfico.

Así, neste pleno ordinario tamén falaremos da súa posible ubicación e, polo tanto, da cesión de terreos municipais para a execución desta intervención, coa finalidade de que a galescola, para nenos e nenas de entre cero e tres anos, poida entrar en funcionamento o vindeiro curso escolar.

Outros temas que se abordarán no pleno son a integración do Concello de Ares no Fondo Galego de Solidariedade e a aprobación das ordenanzas fiscais de 2008, entre outras cuestións incluidas na orde do día.

No hay comentarios: