
A inicitiva, dirixida aos veciños de máis de 50 anos, pretende fomentar a saúde das persoas maiores e prever problemas cognitivos neste colectivo
O Concello de Ares, a través da Concellaría de Servizos Sociais, que dirixe a socialista Victoria Montenegro, porá en marcha a partires de vindeiro mes de novembro unha nova edición do Programa de Memoria Ares 2007-08, que se desenvolverá ata xullo.
Este obradoiro, que se dirixe aos veciños de máis de 50 anos e terá carácter semanal, ten como principais obxectivos fomentar a saúde nas persoas maiores e prever problemas cognitivos a nivel de memoria neste colectivo poboacional.
Así, o programa pretende facer unha prevención efectiva de ditos problemas.
O obradoiro ten carácter gratuito e o prazo de inscripción está aberto –non rematará ata maio de 2008, xa que as prazas iranse cubrindo en función das vacantes que vaian quedando durante o curso-, polo que as persoas interesadas en participar deberán dirixirse ao servizo de Psicoloxía, situado na Casa Consitorial, ou chamar ao número de teléfono 981 468 102.
A través dun Bando, emprazo e anima aos veciños de Ares a participar neste programa, e lembro que un dos principais obxectivos da área municipal de Servizos Sociais é a promoción dun envellecemento saudable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario