EDICIÓN DE ESTAMPA 2007, O SALÓN INTERNACIONAL DE GRABADO E EDICIÓNS DE ARTES CONTEMPORÁNEO
Unha moza aresá exhibirá entre mañá e o 28 deste mes a obra “(Im) Posibles construcciones de uno mismo”, unha instalación fotográfica e performance
María Covadonga Barreiro Rodríguez-Moldes foi seleccionada para participar na XV edición de Estampa 2007, o salón internacional do grabado e edicións de arte contemporáneo. A obra que mostrará durante o certame, que se desenvolverá entre mañá, día 24, e o vindeiro 28 no pabillón 5 do recinto ferial Juan Carlos I de Madrid, leva o título de “(Im)Posibles construcciones de uno mismo”, unha instalación fotográfica e unha performance que integrará, xunto coas creacións doutros artistas, o apartado “Tentaciones”.
María Covadonga Barreiro, ten 23 anos, é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Pontevedra e na actualidade cursa o segundo ano dos cursos de Doctorado. Ademais, ten concedida unha beca do Ministerio de Educación para formación de profesorado universitario (FPU).
A importante traxectoria profesional desta aresá a convirte nunha das promesas do panorama artístico nacional. Entre os seus últimos méritos, cabe destacar que na edición deste ano, como xa ocorreu en 2006, de “Gzcrea” –programa dirixido a novos creadores galegos- María Covadonga Barreiro tamén foi seleccionada, neste caso na modalidade de pintura, pola obra “S/T (Ventanas)”, que será exhibida, xunto co resto das elixidas, no Museo do Pobo Galego de Santiago.
Tamén expuso nestes dous últimos anos no certame “Novos Valores”, promovido pola Deputación de Pontevedra.
A participación en Estampa é, sen dúbida, a máis importante de todas as acadadas ata o momento para Barreiro, que considera una honra que a súa obra fora seleccionada –os elixidos son doce de diferentes partes do mundo- para este certame, o máis relevante de Europa neste ámbito.
María Covadonga Barreiro, que esta mañá viaxaba a Madrid para facer a montaxe, permanecerá na capital de España ata o vindeiro luns, día 29, xa que tamén lle corresponde retirar a mostra. Esta artista, segundo explica, emprega diferentes medios de expresión, aínda que se centra, sobre todo, na fotografía. Tamén utiliza a escultura e agora, por primeira vez, a performance.
Dende eiquí, quero transmitir o seu parabén a esta moza da vila pola súa participación neste importante certame e pola súa destacada traxectoria, que confía prosiga cos mesmos éxitos que os acadados ata o momento, pois é unha honra para Ares que una das súas veciñas teña chegado ao máis alto dun mundo ás veces tan complicado como é o do arte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario