miércoles, 24 de octubre de 2007

Nova charla informativa da OMIC...

A OMIC ORGANIZA UNHA NOVA CONFERENCIA INFORMATIVA SOBRE ACTIVIDADES NOCIVAS, MOLESTAS E INSALUBRES



A charla comezará ás 11.00 horas no salón de actos da Alianza Aresana

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) do Concello de Ares organiza unha nova charla, que terá lugar mañá xoves ás 11.00 horas no salón de actos da Alianza Aresana.

O tema sobre o que versará a conferencia, que será impartida pola responsable deste servizo, é o de actividades molestas, nocivas e insalubres.

A charla enmárcase dentro do ciclo de actividades que vén desenvolvendo a OMIC de Ares dende a súa creación.

Ata o momento, xa se impartiron charlas sobre os dereitos dos consumidores en telefonía fixa, os seguros e as revisións das instalacións do gas.

A participación da cidadanía nestas iniciativas é moi importante, xa que se trata dunha canle de información que permite coñecer en profundidade os dereitos e obrigas dos cidadáns en diversos ámbitos, moitos deles de grande actualidade.

No hay comentarios: