viernes, 12 de octubre de 2007

A praia da Campa... antes... durante... despois...

Antes...







Durante...







Despois...

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Boas

Xa, moi bonita a actuación, pero porque a Prados Roxos non lle quitan tamen o pavimento, esta a mesmiña distancia da costa que a estarda do aparcadoiro.

julín de ares dijo...

Non sei si a actuación foi bonita ou non... Tampouco me preocupa... Só sei que foi xusta... Por certo, o asfaltado que retirouse non estaba "a mesmiña distancia da costa" que nada, porque estaba "mesmiño na mesmiña" praia... Que eu saiba, non coñezo nada parecido... Polo resto, non sei nin quén é "Prados Roxos" nin coñezo o pavimento que dís que está "a mesmiña distancia da costa que a estarda do aparcadoiro"... ¿Poderías concretar un pouquiño mais?

Anónimo dijo...

Boas

A praia agora non esta como estaba no momento de facela estrada, que non estarda como puxen no comentario anterior. Antes habia un desnivel entre o camiño e a area propiamente dita, por iso podiase considerar que a estrada non estaba na mesma praia.

Que conte que non xustifico que se fixera. O igual que todas as actuacions feitas polo Concello na lexislatura anterior, xa que claramente foron feitas pra beneficio dos vraneantes e non da xente do pobo.

O que me refiro e que non me parece ben que se quite esa zoa de pavimento, pero se lle deixe a que ten o chale que se ve na foto 3. Se mal non lembro chamanlle Prados Rojos a finca, podo estar confundido.

E refirome a que a base legal pra esta actuacion, segun creo e non son abogado pra certificalo, e a coñecida como lei de costas que di que non se pode edificar a menos de tantos metros da costa (creo que son 150m). Polo que tanto o camiño da praia, como o do chale incumplirian, pero so se retira o camiño da praia, non o do chale.

julín de ares dijo...

Perdoa, pero antes non te entendín. A razón da actuación foi a protección do dominio público. Nesta primeira acción fixemos o mais fácil, actuar ata onde sabíamos que non podía xurdir ningún problema. Actuar mais aló das columnas entendo que podería exixir autorización xudicial. Despois do que pasou en Villarube, mellor actuar con moito coidado... Pode ser deformación profesional... pero prefiro facelo con total e absoluta certeza e seguridade... O que significa que actuar mais aló das columnas exixe outro procedemento... un pouco mais lento... pero que vai producir o mesmo resultado...
O meu respecto e o meu saúdo.