viernes, 23 de noviembre de 2007

Unha de ratos na biblioteca...

O CONCELLO DE ARES ORGANIZA UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS A CARGO DA COMPAÑÍA DO TRINKE-TRINKE

A actividade da Concellaría de Cultura terá lugar hoxe venres na Alianza

O Concello de Ares, a través da Concellaría de Cultura, que dirixe a socialista Ana Fernández Coira, organiza unha sesión de contacontos dirixida aos nenos do municipio de entre tres e oito anos, que terá lugar este venres na Alianza Aresana.

A actividade comezará ás 17.30 horas e está previsto que se prolongue durante o espazo dunha hora aproximadamente.

A compañía do Trinke-Trinke será a encargada desta sesión, que levará o título de “Unha de ratos na biblioteca”.

jueves, 22 de noviembre de 2007

Elogio del comunismo revolucionario... o prueba flagrante de imbecilidad...

En el "El catecismo del buen socialista", uno de los muchos papeles publicados por la diarreica Fundación FAES, se denuncia que en uno de los libros de la asignatura de Educación para la Ciudadanía aparezca la letra de la canción "Papá cuéntame otra vez" de Ismael Serrano, por considerarla un elogio del "comunismo revolucionario"...

Bueno... pues ahí va... este elogio... del "comunismo revolucionario"... según los patriotas de hojalata...

Cambiando de tercio... porque es imprescindible...

HOTEL Y DOMICILIO (RAFA PONS)



Quise apostar por ti y me quedé sin suelto.
Le pedí cambio a tu marido y se cagó en mis muertos.
Salieron tres avances y un joker azul
Maldita tragaperras, es igual que tú.
De una mala jugada te deshiciste de él,
poniendo a doble o nada las llaves de un hotel.
Colgaste un "No Molesten" y me eché a reír.
Mientras te desnudabas acerté a decir que..

Si me ves, di que no me conoces.
Esta noche haremos desaparecer
la habitación 512.
Buscaré mi suerte entre tus sábanas;
a ver qué cartas nos reparte la piel.
Yo lo siento, pero tengo alma de crupier.

En el recibidor, hay putas y orientales,
y por el ascensor suena Quique González.
Me traigo un par de birras, no queda champán.
Matemos el glamour, pidiendo tres croissants.
Un beso sin pasión marca tu despedida;
a mí me quedará el sabor al humo y tu saliva.
Suena un timbre y me despierta la resaca.
Una voz dice "Tu tarjeta está anulada". Tú tranquila, niña.

Si me ves....

Siempre acabo triste y solo amaneciendo.
Ni me quejo ni me alegro, eso es lo que tengo:
Mi bandera, el fracaso, mi patria, un casino.
Quedan fichas y algún Almax, a ver si me animo.
Ven, Fortuna, ven, ven, ven. Pero recuerda que...

miércoles, 21 de noviembre de 2007

Nota de prensa para maña: Soterramento dos primeiros contenedores

O CONCELLO INICIA O SOTERRAMENTO DOS CONTENEDORES NA PORTA DO SOL E NA AVENIDA DE MUGARDOS

A actuación, que ten un prazo de execución de tres meses, será financiada pola Consellería de Medio Ambiente, tal e como se acordou nunha reunión

ARES, 21 DE NOVEMBRO DE 2007.- O Concello de Ares comezará co soterramento dos contenedores no municipio e, nunha primeira actuación, levaranse a cabo os da Porta do Sol e na confluencia da avenida de Mugardos coa rúa Aviador Franco.

A intervención, que ten un prazo de execución de tres meses, farase con cargo ao orzamento da Consellería de Medio Ambiente, que dirixe o socialista Manuel Vázquez, tal e como se acordou nunha recente reunión na que participaron o propio titular deste departamento da Xunta e o alcalde de Ares, Julio Iglesias.

As obras a realizar consistirán no soterramento de contenedores de lixo, plástico e papel e vidro. Cada un terá unha capacidade de 1.100 litros.

Unha vez que o Concello xa seleccionou os lugares nos que quere estes contenedores, remitirase unha memoria valorada á Consellería de Medio Ambiente.

I Campionato Comarcal de Nadal Surfcasting “Concello de Ares”

O CONCELLO E ASOCIACIÓN DEPORTIVA O RODABALLO ORGANIZAN O I CAMPIONATO COMARCAL DE SURFCASTING

A actividade desenvolverase o vindeiro 1 de decembro no praia de Seselle-Raso e o prazo de inscripción concluirá o día 28 deste mes

A praia de Seselle-Raso é o escenario elixido polo Concello de Ares e a Asociación Deportiva O Rodaballo para a celebración do I Campionato Comarcal de Nadal Surfcasting “Concello de Ares”, que se desenvolverá o vindeiro 1 de decembro.

Para participar nesta actividade haberá que formalizar a inscripción, ben no Casa Consistorial –no departamento de Cultura- ou no café-bar Yemen –rúa Lepanto, b-1, baixo, no barrio ferrolán de Caranza-. O prezo é de cinco euros, para os federados, e de 17 –inclúe a tarxeta federativa-, para os non federados. O prazo estará aberto ata o 28 deste mes.

A concentración dos participantes neste primeiro campionato desta modalidade de pesca realizarase ás 16.30 horas na cafetería Camping Praia do Raso e, unha hora máis tarde, procederase ao sorteo de postos, explicación e entrega das normas básicas. Ás 18.00 horas comezará a proba deportiva, que rematará cinco horas máis tarde. Finalmente, ás 00.30 levarase a cabo a pesaxe das capturas e os participantes disfrutarán dun pincho no mesmo lugar da concentración.

Os premios que se concederán aos vencedores do campionato son unha cana valorada en 300 euros, para o primeiro clasificado; un carrete valorado en 200 euros, para o segundo; e un vadeador valorado en 100 euros, para o terceiro. Ademais, entregarase unha cazadora valorada en 70 euros para o concursante que acade un maior número de pezas e outra para a captura máis grande.

Nota de prensa para mañá: Sobre a EDAR...

OS ALCALDES DE ARES, FENE E MUGARDOS ACORDAN A POSTA A DISPOSICIÓN DA XUNTA DOS TERREOS PARA A EDAR

Os rexedores asinarán o vindeiro venres un convenio polo que cada un asume unha porcentaxe para financiar a expropiación das parcelas afectadas

ARES, 20 DE NOVEMBRO DE 2007.- O alcalde de Ares, Julio Iglesias, mantivo esta mañá dúas reunións cos rexedores de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, primeiro, e Fene, Iván Puentes, máis tarde, para falar sobre a EDAR.

O primeiro dos encontros tivo lugar en Mugardos ás nove da mañá e a segunda, xa en Ares, á unha.

Nas reunións abordouse unha cuestión fundamental para a execución das obras de estación depuradora de augas residuais da zona norte da ría de Ares e sur da de Ferrol: a posta a disposición da Xunta dos terreos necesarios para poder levar a cabo os traballos e que éstes poidan comezar en verán do vindeiro ano.

Este trámite conleva a adquisición de case 1.000 parcelas repartidas polos tres municipios, aínda que a maior parte –unhas 660- pertencen a Ares, xa que é o concello no que se ubicará a estación depuradora.

Estes gastos correrán a cargo dos tres concellos, que acordaron repartilo en proporción ao número de habitantes de cada un, quedando a porcentaxe da seguinte forma: Fene o 60%, Mugardos o 20% e Ares o 20% restante.

O convenio que regulará todas estas cuestións será asinado polos alcaldes destes municipios nun acto que terá lugar o vindeiro venres, día 23 de novembro, ás 11.30 horas na Casa Consitorial de Ares.

Ademais da sinatura, os rexedores comparecerán ante os medios para explicar o contido do documento que compromete ás tres administracións locais a entregar os terreos nun prazo máximo de oito ou nove meses e a consignar a partida orzamentaria necesaria para a súa expropiación.

Contra a violencia de xénero

O CEIP CONDE DE FENOSA ACOLLERÁ UN VÍDEO FORUM SOBRE PREVENCIÓN DE VIOLENCIA DE GÉNERO

A actividade, dirixida aos alumnos de 4º de ESO do centro escolar, enmárcase dentro dos actos promovidos pola Concellaría de Servizos Sociais de Ares

Os alumnos de 4º da ESO do CEIP Conde de Fenosa serán os destinataios dunha das actividades enmarcadas na conmemoración do Día contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 deste mes e que organiza a Concellaría de Servizos Sociais de Ares.

Así, o día 22 de novembro, entre as 16.00 e as 17.40 horas, haberá un vídeo-forum sobre prevención da violencia de xénero, no que, xunto co CIM do Concello de Ares, colaborará o gabinete de orientación deste centro escolar.

Con esta iniciativa, preténdese, dunha forma dinámica e participativa, traballar a prevención da violencia de xénero, incidindo nos diferentes tipos de violencia: psicolóxica, física, económica e social. Deste modo, os organizadores queren acadar a prevención eficaz, suscitando un debate sobre temas como a corresponsabilidade familiar, roles e xénero, etc.

Xa publiquei que outra das actividades que se desenvolverán é un obradoiro de autoestima, que se celebrará o día 27 nas Escolas do Porto entre as 17.00 e as 20.00 horas, e que conta coa subvención do Servizo Galego de Igualdade da Xunta. O curso será impartido pola Asociación Lilith e no mesmo abordaranse diferentes temáticas dende unha perspectiva de xénero, enfocadas cara unha autoafirmación das participantes nos diversos eidos traballados. Neste caso concreto, o tema central é o autocoñecemento a través dos seguintes eixos: coidado propio e alleo, autoimaxe e afirmación.

O número mínimo de asistentes ao obradoiro é de 8/10 persoas, mentres que o máximo de participantes está fixado en 15. As mulleres interesadas en tomar parte do curso deberán formalizar a súa inscripción no departamento de Servizos Sociais do Concello –pranta baixa da Casa Consistorial- ata o día 23.

Para facilitar a asistencia ao taller das mulleres que teñen nenos ao seu cargo, a Concellaría de Servizos Sociais, en colaboración coa área de Educación, porá a disposición das asistentes, con carácter excepcional, un servizo de gardaría, que prestará a ludoteca municipal. Deste xeito, haberá unha coidadora que se encargará dos pequenos mentres as súas nais participan neste obradoiro.

martes, 20 de noviembre de 2007

Dereito de acceso a internet

A OMIC DE ARES ABORDA NA CHARLA DESTA SEMANA O DEREITO DE ACCESO A INTERNET

A conferencia, como ven sendo habitual, terá lugar na Alianza Aresana o xoves ás once da mañá e será aberta á participación de tódolos cidadáns

O acceso a Intenet, os dereitos que teñen os cidadáns nesta materia así como consellos no seu emprego son os principais temas que se abordarán na vindeira charla da Oficina Municipal de Información ao Consumidor, que, coma sempre, terá lugar o xoves –neste caso o día 22- ás once da mañá na Alianza Aresana.

Este ciclo de conferencias, que imparte a responsable da OMIC do Concello de Ares, completarase cunha charla sobre os dereitos dos consumidores con mobilidade reducida e, finalmente –xa en decembro-, con outra acerca da normativa legal de rebaixas.

lunes, 19 de noviembre de 2007

A nave pesqueira... por fin...

O NOVO EDIFICIO DE DEPARTAMENTOS DO PORTO DE ARES OCUPARÁ UNA SUPERFICIE DE MÁIS DE 950 M2

A Consellería de Pesca vén de remitir unha copia do proxecto deste edificio que será utilizado polos integrantes da Confradía de Pescadores

A Consellería de Pesca, a través do Servizo de Acción Costeira Artesanal, acaba de remitir ao Concello de Ares o proxecto de construcción do edificio de departamentos, xa adxudicado.

Atendendo á información incluída na documentación enviada dende Santiago, a parcela na que se executará o inmoble está situado nas proximidades do Club Náutico, concretamente na zona este do mesmo, e ocupa unha superficie de implantación de preto de 956 metros cadrados.

O edificio estará perfectamente integrado no entorno no que se emplazará, xa que conservará a tipoloxía e o aspecto exterior do club náutico existente, incluso a súa altura –excutarase en dous volumes de pranta rectangular a diferentes alturas-. Deste modo, a superficie construida total será de 1.174,65 metros cadrados, mentres que a útil ascende a 985,77 m2.

Atendendo ao programa de necesidades, o edificio de departamentos de Ares contará con oito departamentos, un almacén xeral, un almacén de caixas, un vestíbulo, aseos para mulleres e homes, unha zona de cámaras frigoríficas e outra para as redes.

O orzamento desta actuación ascende a 531.936,34 euros, e o prazo de execución dos traballos é de seis meses.

Toda unha débeda histórica cos nosos pescadores...

"Xuntos polo Nadal"

O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA ACCEDER AO PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL” DA XUNTA

Esta iniciativa ten como obxectivo que os maiores sen recursos que non teñan con quen pasar o Nadal poidan disfrutar duns días gratis nunha residencia

O Concello ten aberto o prazo de inscripción para participar non programa “Xuntos polo Nadal”, promovido pola Dirección Xeral de Acción Social da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, e dirixido ás persoas maiores –máis de 65 anos ou de 60, no caso de ser pensionistas- que, valéndose por sí mesmas e contando con escasos recursos, non teñen con quen pasar o Nadal.

Este ano os posibles beneficiarios do Concello de Ares poderán gozar deste programa de forma gratuita, que se desenvolverá do 23 de decembro ao 1 de xaneiro na residencia de tempo libre do Carballiño (Ourense), dependente da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

As persoas interesadas en participar en dito programa deberán presentar a súa solicitude no departamento de Servizos Sociais –pranta baixa da Casa Consitorial- dende xa e ata o día 22 deste mes –incluido-. Nesta área contan cos modelos de solicitude que deberán ser cumplimentados para, posteriormente, remitilos á Xunta.

Muller e pobreza, ¿relación perpetua?

A EXPOSICIÓN “MULLER E POBREZA, ¿RELACIÓN PERPETUA?”, DE AXUDA EN ACCIÓN, CHEGA Á ALIANZA ARESANA

A mostra poderase visitar de luns a venres, entre as dez da mañá e as dúas, e entre as catro e as oito da tarde, ata o vindeiro 30 de novembro

A Concellaría de Cultura, que dirixe a socialista Ana María Fernández Coira, promove a exposición de Axuda en AcciónMuller e pobreza: ¿relación perpetua?”, que se poderá visitar na Alianza Aresana dende hoxe mesmo ata o vindeiro día 30.

O horario de apertura da mostra é de dez da mañá a dúas e de catro a oito da tarde, de luns a venres.

A exposición consta de nove paneis explicativos, nos que o público non só poderá recibir información sobre a situación da muller no mundo e, sobre todo, á vinculación deste colectivo coa pobreza, senón que tamén os cidadáns que acudan á mostra terán a oportunidade de darse da alta nesta entidade e incluso de apadrinar a algún neno. Ademais dos paneis, hai a disposición do público folletos sobre diferentes cuestións relacionadas coa temática da exposición.

Formación "saudable" para os nosos xóvenes

O CONCELLO PORÁ EN MARCHA DOUS PROGRAMAS PARA OS NOSOS XÓVENES

A iniciativa vai dirixida aos alumnos de 3º e 4º da ESO do CPI Conde de Fenosa

O primeiro programa, de hábitos saudables e prevención de drogodependencias, vai destinado aos alumnos de 4º da ESO do CPI Conde de Fenosa. Con dito programa, o Concello pretende informar e provocar nos adolescentes, con temas de importancia e relevancia nas súas vidas, unha reflexión persoal equilibrada sobre os hábitos de saúde e consumo, con especial atención no consumo de substancias.

O programa “Tú eres necesario”, que se desenvolverá ao longo de cinco sesións de cincuenta minutos cada unha con periodiciade semanal –entre o 16 de xaneiro e o 20 de febreiro-, consta dunha carpeta con sete dossieres que será entregada aos participantes e devolta ao remate do curso. Éstes engloban sete temas seleccionados en función de tres criterios fundamentais: a aparición destes temas na vida dos mozos hoxe en día, a importancia que poden ter nas decisións e a forma de vida da xuventude e a relación directa e indirecta que teñen co consumo de tabaco, alcohol e outras drogas.

A iniciativa nace da coordinación existente entre o Servizo Galego de Psicoloxía, o Programa de Intervención Familiar dos Servizos Sociais de Ares e o Gabinete de Orientación do CPI Conde de Fenosa. A colaboración do Concello céntrase na coordinación técnica do programa –o psicólogo coordina as actividades coa orientadora do CPI Conde de Fenosa- e no ámbito económico, aportando o 50% do custe do programa –o outro 50% o aporta o gabinete de orientación do centro escolar-.

Dito curso será impartido por un mediador da Asociación de Ayuda a Familiares de Drogodependientes (Adafad).

O segundo programa que se desenvolverá, neste caso para os alumnos de 3º de ESO do Conde de Fenosa, é o de educación afectivo-sexual. A organización do mesmo é idéntica á do programa anteriormente mencionado e o calendario das actividades tamén –as charlas comezaron o día 7 deste mes e rematarán o 5 de decembro-.

Esta iniciativa ten como principais obxectivos os de informar, facer chegar aos adolescentes datos, plantexamentos e ideas acerca da sexualidade para que poidan posicionarse dun xeito responsable ante ela; promover a capacidade crítica e a formación dun criterio propio; e provocar, facilitar o uso do debate, o diálogo, a discusión e o intercambio de ideas como forma de acceder a conclusións individuais e de grupo.

O material desta actividade, denominada “Afectividad y sexualidad saludable”, será proporcionado por Adafad, encargada tamén neste caso de impartir as sesións.

Axudas e subvencións mucicipais a entidades

O CONCELLARÍA DE CULTURA CONVOCA AS AXUDAS E SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

O anuncio xa foi remitido ao Boletín Oficial da Provincia

A concelleira de Cultura, Ana Fernández, deu a coñecer a convocatoria para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro inscritas no Concello de Ares. O anuncio, que xa foi remitido ao BOP e que será publicado a principios da próxima semana, contempla un prazo de 20 días naturais, contados dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia, para que as asociacións interesadas en recibir algún tipo de axuda económica por parte da administración local presenten a documentación pertinente.

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que se facilitará no rexistro xeral do Concello, e este documento terá que estar acompañado dunha fotocopia compulsada da tarxeta do código de identificación fiscal (CIF) da entidade; copia compulsada dos estatutos; certificación dos datos bancarios; fotocopia compulsada da tarxeta do número de identificación fiscal (NIF) do representante legal; certificación acreditativa do acordo de solicitude e do nomeamento do representante, no seu caso, para as relacións co Concello; e a declaración ou certificación do representante da entidade segundo se trate de persoas físicas ou xurídicas, de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para contratar e percibir subvencións ou axudas da administración pública e de aceptación do presente regulamento. Ademais, as entidades deberán presentar unha memoria explicativa da actividade que se vai realizar e un orzamento detallado da actividade prevista, con expresión de gastos e ingresos.

As subvencións que se outorguen teñen como finalidade a realización de actividades de carácter educativo, social, cultural, deportivo, de defensa de dereitos dos veciños e de mantemento das entidades que as desenvolvan, así como as festas patronais da vila e das parroquias ou de exaltación de produtos típicos da zona.

Pola contra, non poderán ser obxecto de axuda as actividades ou investimentos subvencionados no mesmo exercicio mediante outras convocatorias de subvencións de plenos doutras administracións públicas, en concreto da Xunta ou Deputación, cando o importe acade o 100% da actividade a realizar.

Novo servizo de aluguer de bicicletas turísticas

O MUNICIPIO DE ARES DISPORÁ DUN SERVIZO DE ALUGUER DE BICICLETAS TURÍSTICAS

O BOP xa publicou dous dos anuncios de licitación desta actuación, enmarcada dentro do Plan de Dinamización de Produto Turístico

Enmarcado dentro do Plan de Dinamización de Produto Turístico Ferrol-Ortegal, a Deputación Provincial vén de licitar –o día 10 e hoxe mesmo- dúas das actuacións necesarias para a posta en marcha do proxecto “Bicicletares”, unha iniciativa que dotará a Ares dun servizo municipal de aluguer de bicis. O primeiro dos concursos refírese á contratación das obras de adecuación dos baixos da Alianza Aresana, que se habilitarán como estación na que permanecerán as bicicletas e na que se alugarán, mentres que o segundo –publicado no BOP de hoxe-, é para a subministración de aparcabicis e bicicletas.

Bicletares” nace como unha forma de dar a coñecer un dos concellos máis turísticos da comarca e ten como principais obxectivos os de crear un servizo de promoción turística dentro do Plan de Dinamización de Produto Turístico de Ferrol e Ortegal; servir de inicio para a aceptación da bicicleta como un medio de transporte; integrar a bicicleta no tránsito urbaná –fomentando o seu respecto dentro do marco da educación vial-, facilitar o uso da bici nos desprazamentos “sociais” das persoas; e propor un tipo de vida máis saudable e ecolóxico. Neste sentido, o perfil do usuario será, en primeiro lugar, o do turista que visita o pobo e quere coñecer e explorar o concello dunha forma amable e integrada coa naturaza, así como o grupal, que emprega este servizo para facer excursións. En segundo lugar, outro usuario potencial é o turista náutico, que accede á vila dende o mar e, polo tanto, carece dun medio de transporte terrestre de enlace co pobo e o resto de municipio. Finalmente, este servizo tamén será utilizado, segundo as previsións, polos veciños da localidade.

Segundo este proxecto, adquiriranse un total de 30 bicicletas, 20 delas de tamaño adulto e 10 infantís –en tres tamaños diferentes-, todas elas con casco e chaleco reflectante. Ademais, se mercarán dez sillas para levar aos máis pequenos e 20 cestas de transporte. Tódalas bicicletas levarán rotulados os anagramas do Plan de Dinamización e do Concello de Ares, así como un número. A estación estará nos baixos da Alianza e, ademais, se instalarán aparcabicis en todo o termo municipal –en 22 puntos-, garantindo a oferta dun total de 200 prazas.

En canto aos prezos, éste serán regulados por unha ordenanza municipal, pero, en todo caso, serán simbólicos e accesibles para todo o mundo.

O novo produto turístico, que podería inaugurarse en Semana Santa –época na que Ares recibe un importante número de visitantes-, funcionará durante todo o ano, aínda que as previsións pasan por que se empregue, sobre todo, nos meses de verán e datas festivas.

A inversión desta actuación correrá a cargo da Deputación –o proxecto estima un orzamento duns 44.000 euros-, mentres que a xestión do servizo, unha vez que estea rematada, será do Concello.

Obradoiro de autoestima

O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO OBRADOIRO DE AUTOESTIMA ORGANIZADO POLO CONCELLO CONCLÚE O DÍA 23 DESTE MES

Esta actividade enmárcase dentro do programa da Concellaría de Servizos Sociais promovido para conmemorar o Día contra a violencia de xénero

A Concellaría de Servizos Sociais, que dirixe a socialista Victoria Montenegro, informa de que está aberto o prazo de incripción para participar no obradoiro de autoestima que se desenvolverá o vindeiro día 27 de novembro.

Esta actividade, que se enmarca dentro do programa de actos promovidos polo Concello de Ares para conmemorar o Día contra a violencia de xénero, está dirixida a mulleres, que deberán apuntarse ata o día 23 –incluido-, en horario de oficina, no despacho do psicólogo –pranta baixa da Casa Consitorial, no número 12 da avenida Saavedra Meneses-.

O obradoiro de autoestima celebrarase nas Escolas do Porto entre as 17.00 e as 20.00 horas, e conta coa subvención do Servizo Galego de Igualdade da Xunta. O curso será impartido pola Asociación Lilith e no mesmo abordaranse diferentes temáticas dende unha perspectiva de xénero, enfocadas cara unha autoafirmación das participantes nos diversos eidos traballados. Neste caso concreto, o tema central é o autocoñecemento a través dos seguintes eixos: coidado propio e alleo, autoimaxe e afirmación.

O número mínimo de asistentes ao obradoiro é de 8/10 persoas, mentres que o máximo de participantes está fixado en 15. Para facilitar a asistencia ao taller das mulleres que teñen nenos ao seu cargo, a Concellaría de Servizos Sociais, en colaboración coa área de Educación, porá a disposición das asistentes, con carácter excepcional, un servizo de gardaría, que prestará a ludoteca municipal. Deste xeito, haberá unha coidadora que se encargará dos pequenos mentres as súas nais participan neste obradoiro.

Programa de termalismo social 2008

ABREN O PRAZO DE INSCRIPCIÓN DO PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL PARA O VINDEIRO ANO

As solicitudes, dirixidas aos maiores do Imserso, refírense a viaxes a balnearios e deberán formalizarse nos Servizos Sociais do Concello de Ares

O Concello de Ares vén de publicar un Bando informando da apertura do prazo de inscripción no programa de Termalismo Social para o vindeiro ano 2008. Dito programa vai dirixido aos maiores do Imserso, e as persoas interesadas en facer algunha das viaxes que se ofertan deberán formalizar a súa inscripción nos Servizos Sociais do Concello –pranta baixa da Casa Consistorial- ou chamando aos teléfonos 981 468 102 ou 981 338 710.

O prazo de presentación de peticións conclúe o 12 de decembro deste ano para viaxar a un balnearios nos meses de xaneiro ou febreiro de 2008; o 16 de xaneiro para as persoas que quieran facelo entre marzo e agosto do vindeiro ano; e o 16 de maio para viaxar a balnearios de setembro a decembro. O derradeiro prazo remata o 31 de outubro, e as persoas que o soliciten en ditas datas pasarán á lista de espera.

Nova traballadora social e novo horario do seu servizo

O CONCELLO MODIFICA DE FORMA PROVISIONAL O HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DA NOVA TRABALLADORA SOCIAL

Este servizo da administración local funcionará de 17.00 a 19.00 horas os luns, martes, xoves e venres, e de 08.00 a 15.00 horas os martes

O Concello de Ares vén a informar de que o horario de atención aos cidadáns da nova traballadora social modificarase de forma provisional, unha vez que a administración local vén de asinar un convenio con Valdoviño para compartir temporalmente este servizo.

Deste modo, o horario será de 17.00 a 19.00 horas os luns, martes, xoves e venres, e de 08.00 a 15.00 horas, os mércores.

De tódolos xeitos, a concelleira de Servizos Sociais, Victoria Montenegro, lembra que está a disposición dos aresáns para solventar calquera dúbida e facer as xestións necesarias. A edil acude tódalas mañás ao Concello –de luns a venres- e o seu despacho, como o da traballadora social e o psicólogo, está situado na pranta baixa da Casa Consitorial.

miércoles, 7 de noviembre de 2007

A Habana: O "noso" Centro Galego... (I)



Regresei onte a noite e desexo comezar polo "noso" Centro Galego...

Nun artigo publicado en "El Eco de Galicia" polo seu director, Waldo Álvarez Insua, o 12 de outubro de 1879, avogábase pola creación dun Ateneo Galego, iniciativa que tivo repercusión inmediata entre os emigrantes galegos da capital cubana.

Daquela existían na Habana a Sociedade de Beneficencia de Naturais de Galiza (meritoria institución nada o 31 de decembro de 1871) e a Sociedade Coral Ecos de Galiza, creada en 1872. Aquela idea comezou a cristalizar o 23 de novembro de 1879. Un grupo de estudiantes galegos entusiastas reuníuse no Teatro Tacón (máis tarde Teatro Nacional e hoxe Teatro García Lorca). Acordaron constituír unha sociedade que denominarían Centro Galego, Sociedade de Instrucción e Recreo. A mesa provisional estaba composta por Secundino González Valdés (en substitución de Nicolás Villageliú), como presidente. Ao primeiro paso seguiu un período de laboriosa xestión. O 12 de decembro do mesmo ano quedou aprobado o Regulamento e constituíuse a primeira Xunta Directiva presidida por Nicolás Villageliú. A nacente institución comeza a recibir doazóns e axuda diversa dos novos socios.

En 1880 créanse as Seccións de Instrucción, Recreo e Adorno e Declamación. A Sección de Instrucción cumpre un dos obxectivos centrais da sociedade. Funcionou tamén unha escola, que comezou co ensino de instrucción xeral, idiomas e biblioteca. En 1881 a escola tiña 109 alumnos e o Centro contaba con 701 asociados. Nun dos seus postulados expresase que "este Instituto ten por obxecto fomentar a unión de todos os oriúndos de Galiza en Cuba, proporcionándolles á vez instrucción e honesto recreo". Créase unha Sección Lírica (a base de elementos da extinguida coral "Ecos de Galicia") e máis tarde a Sección de Filarmónica. Tivo esta entidade dificultades económicas, en boa medida derivadas da situación colonial. Nembargante segue a se consolidar, aumentando o seu número de socios e a escola adquire enorme prestixio.

En 1884 créase na Península a "Sociedade de Salvamento de Náufragos", e o Centro Galego contribúe desde A Habana ao seu sostemento. Promove unha subscrición voluntaria entre os emigrantes para axudar a Rosalía de Castro, que se atopaba enferma e sen recursos, e nomea unha comisión encargada de agardar aos barcos que traen menores que son explotados de diverso modo á súa chegada. Créase tamén a "Casa de Saúde" e este servicio fai aumentar considerablemente o número de asociados.

En 1889 a escola ten 895 alumnos, e unha biblioteca que aumenta día a día o que reflicte a preocupación cultural dos directivos. Co establecemento do Goberno da República de Cuba en 1902, iniciase unha nova e progresiva etapa do Centro Galego.

En 1906 o centro merca o Gran Teatro Tacón, no corazón da cidade, así como os terreos lindeiros. Co tempo adquirirá outros ata completar a área que ocuparía o seu Pazo Social, hoxe monumento nacional. E créase tamén a "Caixa de Aforros e Banco Galego".

Unha vez seleccionado o proxecto, o 8 de decembro de 1907 colocouse a primeira pedra do novo edifício-sede. Pedra traída das canteiras de Parga (Lugo), na que foron labradas simbólicas alegorías. Na caixa de chumbo coloraranse unha colección de moedas antigas, o recibo do socio Xosé María Allegue (socio nº 1) e o de Emília Pardo Bazán, socia de honra. A Banda Municipal da Habana, dirixida por Guillermo Tomás, tocou a "Alborada de Veiga".

En 1913 remataron as obras do Pazo Social, onde foi instalada a entidade. Inaugurado en 1914, foi obra do arquitecto Belga Pool Berriv. De estilo neobarroco na súa fachada principal, contén catro grupos escultóricos de mármore branco que representan alegorías da beneficencia, da educación, da música e do teatro, obra de Joseepe Moran. Os elementos colocáronse de forma equilibrada, os balcóns, fiestras, cornixas, a proporción das súas torres e a unidade das molduras logra un ritmo elegante. O seu teatro foi construído dentro do belo edificio e durante moitos anos foi o mais grande e luxoso de Cuba. O Teatro (que adoptou o nome de Gran Teatro Nacional), rematouse en 1915 e foi inaugurado cunha tempada de ópera. Preside o Centro Eugenio Mañach.

Refórmanse os Estatutos. A dirección da Sociedade está encomendada a unha Asemblea de Apoderados, a razón de vintecinco por cada cinco mil socios residentes na Habana e un apoderado por cada mil asociados das Delegacións do interior da Illa. A Asemblea de Apoderados preside ademais unha Asemblea Xeral de socios, pública e solemne, que se celebra cada ano, na cal os socios poden formular alegacións, orais ou por escrito, quedando a Asemblea obrigada a resolver sobre elas na primeira reunión ordinaria. O goberno da Sociedade corresponde a unha Comisión Executiva, nomeada pola Asemblea, as Seccións e o presidente xeral do Centro. Oito son as Seccións: Sanidade, Cultura, Belas Artes, Propaganda, Inmigración, Fomento, Orde e Inmobles.

Ao longo de toda a súa historia o Centro Galego da Habana non só foi sensíble ante a dor e a necesidade, senón que estivo presente en diversas empresas de orde espiritual. Algún exemplo foi que posibilitou que o Orfeón "El Eco Coruñés", dirixido por Chané, participase nun concurso universal celebrado en Barcelona; contribuíu á edición da "Historia de Galicia", de Manuel Murguía; abriu unha subscrición para levantar un monumento en Viveiro a Nicomedes Pastor Díaz; asigna un premio nos xogos florais celebrados en Lugo en 1901, etc.

Máis alá do labor na "Casa de Saúde", o Centro Galego está presente en múltiples xestos de solidariedade humana. Enumeramos algúns; envía cartos a moitos labregos de Lugo e Ourense afectados en 1888 por fortes saraibas que destruíron moitas colleitas; auxiliou en 1901 aos damnificados polas inundacións en Consogra; contribuíu a axudar ás familias das víctimas que ocasionou en Santander a explosión do "Cabo Machichaco"; enviou unha comisión ás minas de Juraguá (Santiago de Cuba) para investigar sobre as explotacións a que eran sometidos emigrantes galegos; outra comisión foi enviada ás obras do Canal de Panamá, onde eran víctimas de abusos moitos obreiros galegos, etc.

No Pazo Social ademais de ter a administración do Centro Galego instaláronse moitas entidades comarcais galegas. O edificio anterior continuou como local da escola denominada "Plantel de Concepción Arenal", no cal ademais de ensino primario (desde preescolar a 8º grao) e das clases nocturnas de corte e costura, comercio, taquigrafía, etc., ficou a "Academia de Belas Artes do Centro Galego" (pintura, debuxo, modelado, baleirado e escultura) e unha "Academia de Música" elevada ao rango de Conservatorio Nacional. A Casa de Saúde "La Benéfica" na década dos 50 chegou a contar con trece pavillóns (vías respiratorias, enfermidades cardiovasculares, mentais e nerviosas, medicina xeral, infecto-contaxiosas, hidroterapia), cun termo medio diario de 650 enfermos, entre os que se incluían vellos desvalidos en albergue permanente.

O 1 de xaneiro de 1959 triúnfa a Revolución Cubana. As vellas estructuras dun país neocolonizado -cunha alta porcentaxe de analfabetismo, 600.000 desocupados, carencias básicas de toda orde- foron removidas ata os alicerces. E os cambios afectaron tamén ás asociacións de emigrantes. Daquela o Centro Galego tiña uns 52.000 asociados...

E a revolución convertíuno no Liceo da Habana Vella, no Gran Teatro da Habana "García Lorca" e tamén na sede do Ballet Nacional de Cuba...

Pero aínda segue albergando no seu seo un total de 57 pequenas sociedades comarcais galegas en vías de extinción (algunhas con só uns poucos asociados, vellos, que se reúnen ocasionalmente, mais sen actividade concreta algunha) e tamén a centenaria "Sociedade de Beneficencia de Naturais de Galicia"...

O edificio mantén a súa fisionomía orixinal, pois case nada se alterou: o escudo de Galiza, escudos provinciais, un busto de Curros Henríquez, o mobiliario completo do salón da presidencia, placas ou tarxas de bronce interiores e exteriores, símbolos diversos, retratos de personalidades galegas, así como varios cadros, entre os que destaca o famoso óleo de Modesto Brocos "La defensa de Lugo". Tamén se conserva a coroa de prata entregada a Curros en memorábel acto celebrado na Coruña en 1904.

O Centro Galego como institución cesa en novembro de 1961. Ata febreiro dese ano foi o seu presidente Xosé Pérez Riva, quen renunciou sendo substituído polo vicepresidente Camilo Vila.

No corazón da capital cubana fronte ao Parque Central érguese este soberbio edificio (hoxe monumento nacional), símbolo do esforzo e tesón dos nosos emigrantes...

E é que no Centro Galego da Habana naceu en 1898 a bandeira galega, estrenouse o 20 de decembro de 1907 o himno galego e ata creouse en 1905 unha Asociación Iniciadora e Protectora da Real Academia Galega que, o seu pulo, acabou fundándose un ano mais tarde, o 30 de setembro de 1906...

O próximo 20 de decembro cúmprese, polo tanto, o centenario da estrea do himno galego no Teatro da Habana do "noso" Centro Galego...

E ¿sabedes como está agora?, ¿sabedes como está a nosa xente?, ¿sabedes onde está a súa magnífica biblioteca?

A nosa terra débelle moitísimo aos emigrantes que fóronse para Cuba sen esquecerse dos que ficamos eiquí... e agora os que ficamos eiquí paréceme que os temos un pouco esquecidos... e non pode ser... porque non debe ser...

Algo teremos que facer... ¿Ou non?

Ver tamén fillos.org e dtcuba.com