ALERTAN DUN "TIMO" DE EMPRESAS HOMOLOGADAS POLA XUNTA NA REVISIÓN DAS INSTALACIÓNS DO GAS
A OMIC lembra que os consumidores non teñen a obriga de contratar a unha compañía en concreto e que antes deben solicitar o orzamento dos traballos
A OMIC do Concello de Ares informa sobre os dereitos e obligacións dos consumidores con respecto aos traballos de revisión e substitución de pezas na instalación do gas butano, advertindo de que, se ben son os usuarios os que teñen a obriga de manter a instalación en boas condicións, tamén teñen o dereito a elixir entre a empresa homologada que desexen e a pedir un orzamento antes da execución das traballos (que sempre poderán rexeitar).
Esta advertencia prodúcese unha vez coñecido un presunto timo que, ao parecer, estase a producir en todo o territorio nacional, e que chegou xa á vila de Redes.
Así, segundo un informe realizado pola Policía Local de Ares, trátase dun "timo en toda regra, pero con tintes de legalidade".
É dicir, que estas persoas acuden aos domicilios en nome de Repsol ou da Xunta e despois de amosar as súas credenciais, que son totalmente legais, dinlles aos cidadáns que teñen a obriga de pasar unha revisión do gas. Acto seguido, proceden a cambiar a goma, a carapucha ou ambas cousas, sen dar un orzamento ao consumidor, e finalmente lle cobran unha cantidade que, segundo dito informe, vai dos 80 aos 200 euros, cantidade moi superior aos prezos doutras empresas homologadas.
O aviso á Policía Local prodúxose o pasado 28 de setembro, cando os axentes recibiron unha chamada telefónica do servizo técnico de Repsol Butano altertando de que en Redes estábase a producir o "Timo do Gas" en varios domicilios de veciños desta vila. Persoados no lugar, os axentes localizaron aos traballadores da empresa en cuestión, efectivamente autorizada pola Xunta e cos permisos de instalador e supervisor en regra. A pesares desta circunstancia, a Policía Local informou aos afectados de que as revisións do gas butano só poden facerse coa súa autorización.
Nesta mesma liña maniféstase a Oficina Municipal de Información ao Consumidor de Ares, que indica que se ben é certo que moitas empresas envían aos seus empregados a ofrecer o seu servizo aos domicilios, os cidadáns non están obrigados a aceptalo nin, por suposto, teñen por qué deixalos pasar. No caso de que o consumidor estea interesado e acepte o orzamento, debe, ademais, pedir ao inspector que se identifique coa presentación do carné de instalador de gas autorizado pola Consellería de Industria.
Se xurde algún problema, o cidadán debe acudir ás oficinas comerciales da compañía do gas para tratar de arranxalo, e se a reclamación está relacionada coa instalación, pode recurrir aos Servizos Territoriais de Industria. Se non se chegase a unha solución amistosa coa empresa, o consumidor terá que pedir e cumprimentar unha folla de reclamacións.
Ademais, a OMIC do Concello de Ares, na que se poden realizar consultas e solicitar máis información ao respecto, recomenda elixir a aquelas empresas instaladoras que estan adheridas ao Sistema Arbitral de Consumo, pois así o cidadán ten asegurado que a súa reclamación sexa resolta na Xunta Arbitral de Consumo sen ter que acudir aos Tribunais.
1 comentario:
Por lo visto, el timo ha llegado ya a Santiago, en concreto a nuestro hogar, llevándose la poca cantidad disponible de dinero que teníamos ( pues somos estudiantes), metiéndonos miedo diciéndonos que nuestra instalación estaba en mal estado y que podría ser muy malo para nuestra salud!!! iban vestidos con ropa de repsol butano y con acreditación de dicha empresa. Pero en la factura pone: """MEJORAS DEL GAS"""". Por tanto alertamos desde aquí a la gente para que no caiga en la trampa!!!!!
Publicar un comentario