miércoles, 9 de mayo de 2007

¿Do qué está falando eiquí Quín?


Dong, Dong, Dong, Dong, Dong... ¡¡¡Resposta incorrecta!!!

Porque do que está falando eiquí Quín realmente é dunha campaña informativa sobre a Lei de Dependencia.

Outro tema moi distinto é do que está falando eiquí Quín... subliminalmente...

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Supoño que en todo caso en democracia poderase falar de todo.Hai moito censor e moito manipulador partidista como vostede que non e digno de respecto cando trata aproveitando o eslogan de querer indicar outra cousa para meter medo eo mesmo tempo tapar as melloras sociais que esta levando a cabo o BNG e nomeadamente o Sr. Quintana.
Faga propostas para o seu pobo que para eso se presenta a concellal e non ande mareando a perdiz con anedoctas. Como tivo un carguiño xa se cree vostede do aparato. Como vostede houbo mais é acabaron no contenedor do lixo, asqueados no seu propio partido, coidese non lle cae ben a todos no partido digollo eu de boa fe e de boa tinta tamen.

julín de ares dijo...

Claro que en democracia pódese falar de todo. Pero recórdote, anónimo defensor do BNG e do Sr. Quintana, que pódese falar tanto do que a tí te gusta como do que que a tí non te gusta. E eu, porque tí digas cousas que non comparto, non te chamo nin "censor", nin "manipulador partidista", nin te digo que non eres "digno de respecto". Esta é unha gran diferencia entre tí e eu.

Ademais, si tí tes a cara de chamarme "censor" cando resulta que os teus comentarios aparecen publicados no meu blog, ¿qué lle terás que chamar ó teu candidato por Ares por publicar un blog con todos, absolutamente todos, os comentarios pechados?

En todo caso, recórdote tamén que o Sr. Quín está a falar, dese xeito tan particular, dunha Lei estatal cuxa aprobación impulsou o Presidente Zapatero e o PSOE.

Polo demais, fixen e fago moitas propostas, outra cousa é que tí practiques unha lectura selectiva... do que che convén.

Por último, onde acabe eu por pensar como penso e por facelo sempre de maneira totalmente libre, menos mal que non é o teu problema, porque xa sei onde me ías meter...

Como tí para mín sí que eres digno de respecto, envíote o meu saúdo.

Anónimo dijo...

Asi se fala julio e xa ves tanto rencor aparece mais claro depois dos mais que bos resultados electorias que obtiveches. Se o bng fixera o mesmo estariades ainda na oposición. E xa imos fartos de ver comentarios que pretenden descalificarte gratuitamente.