Si Ares y Mugardos fuesen un único Ayuntamiento, llamado mejor Bezoucos que "Mugares", contaría con una corporación municipal de 17 concejales y de acuerdo con la Ley d'Hont y los resultados electorales la composición del pleno sería la siguiente:
A) En las elecciones de 2007:
B) Y en las elecciones de 2003:
Vía Artritis
Modificado el lunes, 4 de junio, a las 12:00 horas.
8 comentarios:
Non creo que sexa necesario construír un híbrido cos topónimos de Mugardos e Ares cando xa existe un que durante séculos deu nome á península que forman os dous concellos: Bezoucos (do latín Bis Aquus, dúas augas).
Mugares paréceme máis axeitado para algún plan de transporte intermunicipal ou unhas xornadas de irmandade, sen ter que deixar de lado un legado de séculos.
Noraboa pola victoria electoral.
¡Coño, non aparece o comentario que acabo de poñer! ¡A ver esa moderación!
Pois iso, que se Portugal e España fosen un único estado non habería que romper os miolos inventando un Portugaña ou un Españal existindo xa Iberia. Pois con Bezoucos pasa outro tanto.
Gracias polos teus parabéns. Agora quero facerte unha pregunta: ¿Bezoucos non é mais que Ares e Mugardos? Cho digo porque o Arciprestado de Bezoucos comprende, ademais de Ares e Mugardos, Fene, Cabanas, A Capela e As Pontes. Un Saúdo.
Si, Julio, Bezoucos tamén é o arciprestado, pero xa che dixen que designa principalmente ao accidente xeográfico que lle da o nome: Bis Aquus, as dúas augas que son a ría de Ferrol e a ría de Ares-Betanzos. No fondo, trátase de optar entre recuperar e poñer en valor o patrimonio toponímico ou deixalo de lado e inventar novos termos que (penso eu) poderían levarnos moi doadamente a unha nova clase de feísmo.
Ademais, non me vas dicir que non é máis bonito Bezoucos que Mugares. ¡Onde vai parar! :)
Tes toda a razón. Sempre Bezoucos. Un saúdo.
Pois que eu cria que a xente do PSOE de Galicia era distinta á de Bos Aires, pero vexo que non .. misturan todo o que nada ten que ver e finalmente ninguén entende nada.
Julin, agradeceriache me explicases a o que che referes. Este meio é lido por un número importante de persoas que non necesáriamente estamos obrigadas a coñecer a tuas subtilezas.
Apertas de unha Mugarense
Adela Fernandez Cruz
Bos Aires - Arxentina
mugares@mugares.com.ar
Adela, só doulle a razón a Artritis. É dicir, limítome a recoñecer que, como dí Artritis, "no fondo, trátase de optar entre recuperar e poñer en valor o patrimonio toponímico ou deixalo de lado e inventar novos termos". Si xa existe Bezoucos no noso patrimonio toponímico, ¿por qué inventar "Mugares"?. Pero non intento polemizar con ninguén. E, por certo, o PSOE, nen o de eiquí nen o de Bos Aires, non ten culpa da miña opinión sobor si chamarlle Bezoucos ou Mugares... Xán ou Pericán... Tí sí que pareces misturar todo... O meu respeto e o meu saúdo.
Por certo, ademais "MUGARES" xa é un pobo do Concello de Toén, en Ourense.
Publicar un comentario