O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO OBRADOIRO DE AUTOESTIMA ORGANIZADO POLO CONCELLO CONCLÚE O DÍA 23 DESTE MES
Esta actividade enmárcase dentro do programa da Concellaría de Servizos Sociais promovido para conmemorar o Día contra a violencia de xénero
A Concellaría de Servizos Sociais, que dirixe a socialista Victoria Montenegro, informa de que está aberto o prazo de incripción para participar no obradoiro de autoestima que se desenvolverá o vindeiro día 27 de novembro.
Esta actividade, que se enmarca dentro do programa de actos promovidos polo Concello de Ares para conmemorar o Día contra a violencia de xénero, está dirixida a mulleres, que deberán apuntarse ata o día 23 –incluido-, en horario de oficina, no despacho do psicólogo –pranta baixa da Casa Consitorial, no número 12 da avenida Saavedra Meneses-.
O obradoiro de autoestima celebrarase nas Escolas do Porto entre as 17.00 e as 20.00 horas, e conta coa subvención do Servizo Galego de Igualdade da Xunta. O curso será impartido pola Asociación Lilith e no mesmo abordaranse diferentes temáticas dende unha perspectiva de xénero, enfocadas cara unha autoafirmación das participantes nos diversos eidos traballados. Neste caso concreto, o tema central é o autocoñecemento a través dos seguintes eixos: coidado propio e alleo, autoimaxe e afirmación.
O número mínimo de asistentes ao obradoiro é de 8/10 persoas, mentres que o máximo de participantes está fixado en 15. Para facilitar a asistencia ao taller das mulleres que teñen nenos ao seu cargo, a Concellaría de Servizos Sociais, en colaboración coa área de Educación, porá a disposición das asistentes, con carácter excepcional, un servizo de gardaría, que prestará a ludoteca municipal. Deste xeito, haberá unha coidadora que se encargará dos pequenos mentres as súas nais participan neste obradoiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario