lunes, 19 de noviembre de 2007

Axudas e subvencións mucicipais a entidades

O CONCELLARÍA DE CULTURA CONVOCA AS AXUDAS E SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

O anuncio xa foi remitido ao Boletín Oficial da Provincia

A concelleira de Cultura, Ana Fernández, deu a coñecer a convocatoria para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro inscritas no Concello de Ares. O anuncio, que xa foi remitido ao BOP e que será publicado a principios da próxima semana, contempla un prazo de 20 días naturais, contados dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia, para que as asociacións interesadas en recibir algún tipo de axuda económica por parte da administración local presenten a documentación pertinente.

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que se facilitará no rexistro xeral do Concello, e este documento terá que estar acompañado dunha fotocopia compulsada da tarxeta do código de identificación fiscal (CIF) da entidade; copia compulsada dos estatutos; certificación dos datos bancarios; fotocopia compulsada da tarxeta do número de identificación fiscal (NIF) do representante legal; certificación acreditativa do acordo de solicitude e do nomeamento do representante, no seu caso, para as relacións co Concello; e a declaración ou certificación do representante da entidade segundo se trate de persoas físicas ou xurídicas, de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para contratar e percibir subvencións ou axudas da administración pública e de aceptación do presente regulamento. Ademais, as entidades deberán presentar unha memoria explicativa da actividade que se vai realizar e un orzamento detallado da actividade prevista, con expresión de gastos e ingresos.

As subvencións que se outorguen teñen como finalidade a realización de actividades de carácter educativo, social, cultural, deportivo, de defensa de dereitos dos veciños e de mantemento das entidades que as desenvolvan, así como as festas patronais da vila e das parroquias ou de exaltación de produtos típicos da zona.

Pola contra, non poderán ser obxecto de axuda as actividades ou investimentos subvencionados no mesmo exercicio mediante outras convocatorias de subvencións de plenos doutras administracións públicas, en concreto da Xunta ou Deputación, cando o importe acade o 100% da actividade a realizar.

No hay comentarios: