miércoles, 21 de noviembre de 2007

Contra a violencia de xénero

O CEIP CONDE DE FENOSA ACOLLERÁ UN VÍDEO FORUM SOBRE PREVENCIÓN DE VIOLENCIA DE GÉNERO

A actividade, dirixida aos alumnos de 4º de ESO do centro escolar, enmárcase dentro dos actos promovidos pola Concellaría de Servizos Sociais de Ares

Os alumnos de 4º da ESO do CEIP Conde de Fenosa serán os destinataios dunha das actividades enmarcadas na conmemoración do Día contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 deste mes e que organiza a Concellaría de Servizos Sociais de Ares.

Así, o día 22 de novembro, entre as 16.00 e as 17.40 horas, haberá un vídeo-forum sobre prevención da violencia de xénero, no que, xunto co CIM do Concello de Ares, colaborará o gabinete de orientación deste centro escolar.

Con esta iniciativa, preténdese, dunha forma dinámica e participativa, traballar a prevención da violencia de xénero, incidindo nos diferentes tipos de violencia: psicolóxica, física, económica e social. Deste modo, os organizadores queren acadar a prevención eficaz, suscitando un debate sobre temas como a corresponsabilidade familiar, roles e xénero, etc.

Xa publiquei que outra das actividades que se desenvolverán é un obradoiro de autoestima, que se celebrará o día 27 nas Escolas do Porto entre as 17.00 e as 20.00 horas, e que conta coa subvención do Servizo Galego de Igualdade da Xunta. O curso será impartido pola Asociación Lilith e no mesmo abordaranse diferentes temáticas dende unha perspectiva de xénero, enfocadas cara unha autoafirmación das participantes nos diversos eidos traballados. Neste caso concreto, o tema central é o autocoñecemento a través dos seguintes eixos: coidado propio e alleo, autoimaxe e afirmación.

O número mínimo de asistentes ao obradoiro é de 8/10 persoas, mentres que o máximo de participantes está fixado en 15. As mulleres interesadas en tomar parte do curso deberán formalizar a súa inscripción no departamento de Servizos Sociais do Concello –pranta baixa da Casa Consistorial- ata o día 23.

Para facilitar a asistencia ao taller das mulleres que teñen nenos ao seu cargo, a Concellaría de Servizos Sociais, en colaboración coa área de Educación, porá a disposición das asistentes, con carácter excepcional, un servizo de gardaría, que prestará a ludoteca municipal. Deste xeito, haberá unha coidadora que se encargará dos pequenos mentres as súas nais participan neste obradoiro.

No hay comentarios: