lunes, 19 de noviembre de 2007

Formación "saudable" para os nosos xóvenes

O CONCELLO PORÁ EN MARCHA DOUS PROGRAMAS PARA OS NOSOS XÓVENES

A iniciativa vai dirixida aos alumnos de 3º e 4º da ESO do CPI Conde de Fenosa

O primeiro programa, de hábitos saudables e prevención de drogodependencias, vai destinado aos alumnos de 4º da ESO do CPI Conde de Fenosa. Con dito programa, o Concello pretende informar e provocar nos adolescentes, con temas de importancia e relevancia nas súas vidas, unha reflexión persoal equilibrada sobre os hábitos de saúde e consumo, con especial atención no consumo de substancias.

O programa “Tú eres necesario”, que se desenvolverá ao longo de cinco sesións de cincuenta minutos cada unha con periodiciade semanal –entre o 16 de xaneiro e o 20 de febreiro-, consta dunha carpeta con sete dossieres que será entregada aos participantes e devolta ao remate do curso. Éstes engloban sete temas seleccionados en función de tres criterios fundamentais: a aparición destes temas na vida dos mozos hoxe en día, a importancia que poden ter nas decisións e a forma de vida da xuventude e a relación directa e indirecta que teñen co consumo de tabaco, alcohol e outras drogas.

A iniciativa nace da coordinación existente entre o Servizo Galego de Psicoloxía, o Programa de Intervención Familiar dos Servizos Sociais de Ares e o Gabinete de Orientación do CPI Conde de Fenosa. A colaboración do Concello céntrase na coordinación técnica do programa –o psicólogo coordina as actividades coa orientadora do CPI Conde de Fenosa- e no ámbito económico, aportando o 50% do custe do programa –o outro 50% o aporta o gabinete de orientación do centro escolar-.

Dito curso será impartido por un mediador da Asociación de Ayuda a Familiares de Drogodependientes (Adafad).

O segundo programa que se desenvolverá, neste caso para os alumnos de 3º de ESO do Conde de Fenosa, é o de educación afectivo-sexual. A organización do mesmo é idéntica á do programa anteriormente mencionado e o calendario das actividades tamén –as charlas comezaron o día 7 deste mes e rematarán o 5 de decembro-.

Esta iniciativa ten como principais obxectivos os de informar, facer chegar aos adolescentes datos, plantexamentos e ideas acerca da sexualidade para que poidan posicionarse dun xeito responsable ante ela; promover a capacidade crítica e a formación dun criterio propio; e provocar, facilitar o uso do debate, o diálogo, a discusión e o intercambio de ideas como forma de acceder a conclusións individuais e de grupo.

O material desta actividade, denominada “Afectividad y sexualidad saludable”, será proporcionado por Adafad, encargada tamén neste caso de impartir as sesións.

No hay comentarios: