lunes, 19 de noviembre de 2007

Muller e pobreza, ¿relación perpetua?

A EXPOSICIÓN “MULLER E POBREZA, ¿RELACIÓN PERPETUA?”, DE AXUDA EN ACCIÓN, CHEGA Á ALIANZA ARESANA

A mostra poderase visitar de luns a venres, entre as dez da mañá e as dúas, e entre as catro e as oito da tarde, ata o vindeiro 30 de novembro

A Concellaría de Cultura, que dirixe a socialista Ana María Fernández Coira, promove a exposición de Axuda en AcciónMuller e pobreza: ¿relación perpetua?”, que se poderá visitar na Alianza Aresana dende hoxe mesmo ata o vindeiro día 30.

O horario de apertura da mostra é de dez da mañá a dúas e de catro a oito da tarde, de luns a venres.

A exposición consta de nove paneis explicativos, nos que o público non só poderá recibir información sobre a situación da muller no mundo e, sobre todo, á vinculación deste colectivo coa pobreza, senón que tamén os cidadáns que acudan á mostra terán a oportunidade de darse da alta nesta entidade e incluso de apadrinar a algún neno. Ademais dos paneis, hai a disposición do público folletos sobre diferentes cuestións relacionadas coa temática da exposición.

No hay comentarios: