O CONCELLO INICIA O SOTERRAMENTO DOS CONTENEDORES NA PORTA DO SOL E NA AVENIDA DE MUGARDOS
A actuación, que ten un prazo de execución de tres meses, será financiada pola Consellería de Medio Ambiente, tal e como se acordou nunha reunión
ARES, 21 DE NOVEMBRO DE 2007.- O Concello de Ares comezará co soterramento dos contenedores no municipio e, nunha primeira actuación, levaranse a cabo os da Porta do Sol e na confluencia da avenida de Mugardos coa rúa Aviador Franco.
A intervención, que ten un prazo de execución de tres meses, farase con cargo ao orzamento da Consellería de Medio Ambiente, que dirixe o socialista Manuel Vázquez, tal e como se acordou nunha recente reunión na que participaron o propio titular deste departamento da Xunta e o alcalde de Ares, Julio Iglesias.
As obras a realizar consistirán no soterramento de contenedores de lixo, plástico e papel e vidro. Cada un terá unha capacidade de 1.100 litros.
Unha vez que o Concello xa seleccionou os lugares nos que quere estes contenedores, remitirase unha memoria valorada á Consellería de Medio Ambiente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario