lunes, 19 de noviembre de 2007

A nave pesqueira... por fin...

O NOVO EDIFICIO DE DEPARTAMENTOS DO PORTO DE ARES OCUPARÁ UNA SUPERFICIE DE MÁIS DE 950 M2

A Consellería de Pesca vén de remitir unha copia do proxecto deste edificio que será utilizado polos integrantes da Confradía de Pescadores

A Consellería de Pesca, a través do Servizo de Acción Costeira Artesanal, acaba de remitir ao Concello de Ares o proxecto de construcción do edificio de departamentos, xa adxudicado.

Atendendo á información incluída na documentación enviada dende Santiago, a parcela na que se executará o inmoble está situado nas proximidades do Club Náutico, concretamente na zona este do mesmo, e ocupa unha superficie de implantación de preto de 956 metros cadrados.

O edificio estará perfectamente integrado no entorno no que se emplazará, xa que conservará a tipoloxía e o aspecto exterior do club náutico existente, incluso a súa altura –excutarase en dous volumes de pranta rectangular a diferentes alturas-. Deste modo, a superficie construida total será de 1.174,65 metros cadrados, mentres que a útil ascende a 985,77 m2.

Atendendo ao programa de necesidades, o edificio de departamentos de Ares contará con oito departamentos, un almacén xeral, un almacén de caixas, un vestíbulo, aseos para mulleres e homes, unha zona de cámaras frigoríficas e outra para as redes.

O orzamento desta actuación ascende a 531.936,34 euros, e o prazo de execución dos traballos é de seis meses.

Toda unha débeda histórica cos nosos pescadores...

No hay comentarios: