lunes, 19 de noviembre de 2007

Novo servizo de aluguer de bicicletas turísticas

O MUNICIPIO DE ARES DISPORÁ DUN SERVIZO DE ALUGUER DE BICICLETAS TURÍSTICAS

O BOP xa publicou dous dos anuncios de licitación desta actuación, enmarcada dentro do Plan de Dinamización de Produto Turístico

Enmarcado dentro do Plan de Dinamización de Produto Turístico Ferrol-Ortegal, a Deputación Provincial vén de licitar –o día 10 e hoxe mesmo- dúas das actuacións necesarias para a posta en marcha do proxecto “Bicicletares”, unha iniciativa que dotará a Ares dun servizo municipal de aluguer de bicis. O primeiro dos concursos refírese á contratación das obras de adecuación dos baixos da Alianza Aresana, que se habilitarán como estación na que permanecerán as bicicletas e na que se alugarán, mentres que o segundo –publicado no BOP de hoxe-, é para a subministración de aparcabicis e bicicletas.

Bicletares” nace como unha forma de dar a coñecer un dos concellos máis turísticos da comarca e ten como principais obxectivos os de crear un servizo de promoción turística dentro do Plan de Dinamización de Produto Turístico de Ferrol e Ortegal; servir de inicio para a aceptación da bicicleta como un medio de transporte; integrar a bicicleta no tránsito urbaná –fomentando o seu respecto dentro do marco da educación vial-, facilitar o uso da bici nos desprazamentos “sociais” das persoas; e propor un tipo de vida máis saudable e ecolóxico. Neste sentido, o perfil do usuario será, en primeiro lugar, o do turista que visita o pobo e quere coñecer e explorar o concello dunha forma amable e integrada coa naturaza, así como o grupal, que emprega este servizo para facer excursións. En segundo lugar, outro usuario potencial é o turista náutico, que accede á vila dende o mar e, polo tanto, carece dun medio de transporte terrestre de enlace co pobo e o resto de municipio. Finalmente, este servizo tamén será utilizado, segundo as previsións, polos veciños da localidade.

Segundo este proxecto, adquiriranse un total de 30 bicicletas, 20 delas de tamaño adulto e 10 infantís –en tres tamaños diferentes-, todas elas con casco e chaleco reflectante. Ademais, se mercarán dez sillas para levar aos máis pequenos e 20 cestas de transporte. Tódalas bicicletas levarán rotulados os anagramas do Plan de Dinamización e do Concello de Ares, así como un número. A estación estará nos baixos da Alianza e, ademais, se instalarán aparcabicis en todo o termo municipal –en 22 puntos-, garantindo a oferta dun total de 200 prazas.

En canto aos prezos, éste serán regulados por unha ordenanza municipal, pero, en todo caso, serán simbólicos e accesibles para todo o mundo.

O novo produto turístico, que podería inaugurarse en Semana Santa –época na que Ares recibe un importante número de visitantes-, funcionará durante todo o ano, aínda que as previsións pasan por que se empregue, sobre todo, nos meses de verán e datas festivas.

A inversión desta actuación correrá a cargo da Deputación –o proxecto estima un orzamento duns 44.000 euros-, mentres que a xestión do servizo, unha vez que estea rematada, será do Concello.

No hay comentarios: