Hoy en el Diario de Ferrol
Cada año, Diario de Ferrol invita a uno de los alcaldes de la comarca para que en representación de Ferrolterra intervenga directamente en la gala. En el décimo aniversario de Diario de Ferrol me tocó a mí, como mandatario de Ares.
Lo que dije en dicho acto, fue lo siguiente:
SR. DIRECTOR DE DIARIO DE FERROL, SR. ALCALDE DE FERROL, AUTORIDADES, AMIGOS Y AMIGAS:
Compráceme moito, como alcalde de Ares, representar hoxe ao conxunto de rexedores da comarca nun aniversario moi especial para Diario de Ferrol. Tal día como hoxe de 1999 saía ás rúas de Ferrolterra, Eume e Ortegal o primeiro número dun xornal moi necesario para a nosa comarca, carente ata entón dun medio de comunicación escrito de carácter fundamentalmente local.
Pasados os anos, e supoño que as primeiras dúbidas sobre a súa aceptación, podemos afirmar, unha década despois, que Diario de Ferrol se ten convertido nun xornal asentado e, sobre todo, de prestixio pola súa calidade informativa, independencia e profesionalidade, das que dan conta os seus traballadores a diario e das que, polo menos os alcaldes e representantes políticos da comarca, debemos sentirnos satisfeitos.
Os pequenos Concellos atopámonos ás veces con grandes dificultades para explicar aos nosos veciños as xestións e actuacións realizadas, as actividades promovidas dende as nosas administracións ou incluso as demandas e queixas plantexadas ante calquer outra institución. A presenza dun medio como Diario de Ferrol garante, sen lugar a dúbidas, unha cobertura acorde ás necesidades duns municipios que, aínda que menores en tamaño con respecto a outros, teñen moito que dicir e que aportar o seu territorio. Sen esquecermos do dereito á información que teñen todos e cada un dos veciños destes concellos, sexa cal sexa a súa poboación ou a cor política das súas corporacións.
Sobre estes dez anos de vida de Diario de Ferrol, non podo máis que agradecer o trato recibido polo persoal deste xornal; primeiro, como membro da oposición no Concello de Ares, máis adiante, como Director Xeral de Xustiza da Xunta e, dende hai dous anos, como rexedor do municipio aresán. Ao longo deste tempo, a obxectividade e a imparcialidade foron as principais características das informacións levadas a cabo polos traballadores deste diario, o que, sen dúbida, supón un valor engadido a este xornal.
Polo tanto, aproveito esta ocasión para trasmitir os meus parabéns a todo o equipo que compón Diario de Ferrol ao tempo que os animo a seguir traballando na mesma liña no futuro, apostando por Ares ou por Neda, por Fene, Mugardos, Valdoviño, Cedeira, Cariño… e así ata chegar aos 21 concellos que conforman o noso territorio mais próximo, porque facelo, ademais de creer nas nosas potencialidades, tamén supón aspirar a convertirse nunha das pezas do motor da Galicia Norte. Porque estou seguro de que soamente entre todos, e polo tanto tamén coa inestimable axuda dos medios de comunicación, poderemos acadar dito obxectivo.
Non me queda máis que agradecer a Diario de Ferrol e ao seu director, Germán Castro, a oportunidade que me brindou para participar dun xeito activo no décimo aniversario da creación deste xornal, agardando que sexan moitas as décadas a celebrar no futuro. Así mesmo, quero facer extensivos os meus parabéns aos galardonados nesta edición cos Premios Diario de Ferrol, dos que, sen dúbida, son todos merecedores.
E remato cunha cita do filósofo francés Ernest Renan que, alá polo século XIX, resumíu a importancia da liberdade de expresión, pilar fundamental no que se asenta toda a prensa, cunhas palabras que aínda hoxe manteñen toda a súa vixencia:
"O primeiro elemento da libertade individual é a libertade de expresión, o dereito a expresar e comunicar ideas, de distinguirnos das bestas irracionais do campo e o bosque, o dereito a lembrar aos gobernos os seus deberes e obrigas e, sobre todo, o dereito a afirmar a nosa pertenenza e lealtade á clase política, á sociedade, aos homes cos que compartimos a nosa terra, o noso patrimonio e o futuro dos nosos fillos. Da man da libertade de expresión va o dereito a que se nos escoite, a tomar parte nas decisións do Goberno, que dan forma á vida dos homes. Todo o que fai que a vida humana valga a pena –familia, traballo, educación, un lugar para criar aos fillos e un lugar para o descanso-, depende das decisións do goberno, todo pode ser arrasado por un goberno que non preste atención ás esixencias do seu pobo. Polo tanto, a humanidade esencial dos homes sólo se pode protexer e conservar se o Goberno da respostas, e non só aos ricos, o aos dunha relixión particular, o aos dunha raza, senón a todo o seu pobo".
Moitas grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario