jueves, 27 de septiembre de 2007

Nota de prensa: Unha de "piratas" e... leiras (I)

O GOBERNO LOCAL SUSPENDE O CONTRATO A PROINGA POR PRESUNTAS IRREGULARIDADES


O Concello detectou que a empresa que prestaba o servizo en materia catastral usurpaba a personalidade do funcionario autorizado

ARES, 26 DE SETEMBRO DE 2007.- A Xunta de Goberno Local acordou a suspensión temporal do contrato subscrito con Proinga Servicios de Ingeniería, empresa que prestaba en Ares os servizos de atención ao cidadán en materia de información catastral en virtude dun contrato asinado o 25 de abril de 2006. A decisión dos responsables da administración local afectan fundamentalmente ao servizo do Punto de Información Catastral (PIC) e, en concreto, á vista de que a empresa, segundo se detectou, estaba accedendo a información protexida usurpando a personalidade do funcionario autorizado do Concello –requisito básico-. É dicir, que ilexítimamente exercía actos propios dun funcionario, atribuíndose carácter oficial, e presuntamente permitíndo o coñecemento de informacións que por razón do seu cargo non deberían ser divulgadas, así como podendo dar lugar a que un particular aproveitase para sí ou para un terceiro información privilexiada que obtivese dun funcionario público.

Os Puntos de Información Catastral, segundo a resolución do 28 de abril de 2003 da Dirección General del Catrasto, contempla que a entidade interesada deberá solicitar autorización a dito organismo do Ministerio de Economía y Hacienda e será preciso dispoñer dunha certificación electrónica emitida pola Fábrica Nacional de la Moneda y Timbre para a identificación do empleado público encargado da súa xestión, e dun ordenador con conexión a Internet. A mesma resolución indica tamén que os servizos aos que se pode acceder dende calquera Punto de Información Catastral son o de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital, e o de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais dos datos protexidos relativos aos bens inmobles da súa titularidade.

MINISTERIO FISCAL
Diante do acontecido coa empresa, a Xunta de Goberno Local xa puxo estes feitos en coñecemento do Ministerio Fiscal por se fosen constitutivos dun ilícito penal tipificado nos artigos 402, 417 e 418 do Código Penal, así como doutras actuacións ilícitas que poidan resultar da averiguación dos feitos.

O goberno aresán tamén acordou interesar do Centro de Xestión Catastral do Ministerio de Economía unha comprobación das actuacións realizadas polo PIC co obxecto de comprobar se houbo manipulación do mesmo a afectos de determinar se hai dano e, no seu caso, a súa cualificación, para a causa pública ou para terceiros.

REGULARIZAR O SERVIZO
Para regularizar o funcionamento do Punto de Información Catastral á maior brevidade posible e co fin de causar o menor perxuízo e molestias aos veciños do municipio que fan uso do mesmo, a Xunta de Goberno Local deu traslado do seu acordo á Xerencia Territorial do Catrastro aos efectos oportunos, instando ademais á revocación da autorización concedida a unha funcionaria do Concello e a concesión dunha nova a outro funcionario, que será o que se encargue, unha vez que reciba a autorización oportuna, de prestar este servizo.

2 comentarios:

jose carlos dijo...

Bienvenido de nuevo Sr. Alcalde ya lo echaba de menos. Un saludo.

julín de ares dijo...

Muchas Gracias José Carlos. Por cierto, "Mi cocina" magnífico... Enhorabuena. Un fuerte abrazo.