
A conferencia terá lugar na Alianza Aresana ás once da mañá e nela os consumidores coñecerán os dereitos que teñen nesta materia.
O salón de actos da Alianza Aresana acollerá o vindeiro xoves, día 27, ás 11.00 horas, unha charla sobre a telefonía fixa e os dereitos que teñen os veciños nesta materia.
A conferencia será impartida pola persoa encargada da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) de Ares, de recentísima creación (xa que entrou en funcionamento o pasado mes de agosto) e que está situada na terceira planta da Casa Consitorial de Ares, e enmárcase dentro das iniciativas promovidas polo Concello para esixir a Telefónica, servidor universal, que dea de alta no servizo aos veciños que o teñen solicitado.
Dende que fixen pública a miña intención de denunciar á empresa de telefonía ante o Ministerio de Industria por non cumplir cos cidadáns, que nalgúns casos levan máis dun ano agardando a que a compañía lles dea a alta, son moitos os veciños que se achegaron ao Concello e á propia OMIC para formalizar unha reclamación contra Telefónica e interesarse por esta cuestión, que, polos últimos datos recollidos, afecta a varias ducias de persoas.
Dende eiquí fago un chamamento aos veciños que se atopen nesta situación para que acudan á charla do xoves e tamén para que presenten reclamacións na Oficina Municipal de Atención ao Consumidor, que abre ao público de luns a venres, entre as 09.00 e as 12.00 horas.
Boas Noites.
No hay comentarios:
Publicar un comentario