A rodaxe, que conta coa colaboración da Concellaría de Cultura do noso Concello, comezará en outubro e será emitida por Televisión de Galicia a principios do vindeiro ano.
A vila mariñeira de Redes é o escenario elixido pola productora Voz Audiovisual para a rodaxe da nova serie da TVG, "Padre Casares", que comezará o vindeiro mes de outubro e que será emitida a principios do 2008.
Na serie (que conta co apoio e a colaboración da Concellaría de Cultura dirixida por Ana Fernández Coira), Redes pasará a chamarse Louredo, e será o principal lugar donde se densenvolverá a acción desta comedia costumista –a productora estuda outras localizacións do municipio, aínda por determinar-, que constará de trece episodios por tempada dunha hora de duración cada un.
O Padre Horacio (Pedro Alonso, coñecido por "Rías Baixas" ou "Maridos e mulleres") é o protagonista da nova producción para a TVG.
O cura, de tan só 30 anos e formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa para substituír ao vello Padre, un home que levaba toda a vida nese lugar.
A serie comeza coa chegada de Horacio Casares á vila, e terá que adaptarse ao seu novo posto de traballo, veciños, amizades… Xunto a el, os espectadores coñecerán a vila, que adquire na serie un especial protagonismo, e os seus habitantes, que se verán inmersos en historias de temática profesional, social e mesmo persoal.
Acompañarán a Pedro Alonso outros actores moi coñecidos no país, como Tuto Vázquez, Mercedes Castro, Antonio Durán Morris, Xosé Manuel Olveira Pico, Tacho González o Mon Santiso, entre outros.
Casting de figuración
Pero, ademais, os cidadáns de Ares tamén terán o seu protagonismo na serie, xa que a productora levará a cabo mañá xoves un casting de figuración, no que Voz Audiovisual busca todo tipo de persoaxes, con e sen texto, e de todas as idades, para participar activamente na serie. As persoas que estean interesadas en acudir ao casting deberán achegarse ao antigo Concello, na praza da Constitución, en horario de dez a dúas, pola maná, e de tres a nove, pola tarde.
Oportunidade
Para Ana Fernández, a nosa concelleira de Cultura, o feito de que Redes sexa o escenario da serie supón unha oportunidade única para que todos os galegos coñezan unha das vilas máis fermosas da comarca e para potenciar o municipio de Ares, que ten no turismo unha das súas principais fontes de riqueza. Anuska, que está moi satisfeita coa decisión da productora de elixir Ares para a rodaxe da serie, leva xa varias semanas colaborando activamente cos responsables da productora para que a rodaxe vaia o mellor posible.
Pero esta non vai ser a única sorpresa que lle espera o noso Redes nestas datas... Pronto haberá outra mais... e millor... se cabe. Redes e os redeños e redeñas están de parabéns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario