
Cruzar estreitos. Os avances en enxeñería de pontes que se produciron na última década, fundamentalmente en aspectos de deseño, estudios aerolásticos e procedementos de construcción, permitiron levar a cabo proxectos en lugares que previamente terían sido impensables. A modo de exemplo, as conexións no archipiélago xaponés, os enlaces entre as distintas illas dinamarquesas, ou entre esa nación e Suecia, están a redefini-los países e a xeografía dos continentes. Pontes con vans cercanos ós 2000 metros xa se construiron e outros están en proxecto; neste ambiente optimista a conexión por ponte entre Sicilia e a Italia peninsular, que requerirá unha ponte cun van superior ós tres kilómetros, parece cada día máis factible.
O enclave das Rías Altas semella unha localización idónea para levar a cabo unha actuación desta índole. A área metropolitana que podería formarse entre A Coruña e Ferrol, con tódalas poboacións intermedias, requere unha vía de conexión directa e o máis curta posible, que so pode vir a través dun conxunto de pontes. Ditas pontes deberían non so salvagarda-las cualidades das paraxes que unirían, senón que deberían resalta-la súa beleza. Por elo, o seu deseño debería ser simple e audaz. Simple na súa acepción de sencillez e claridade, para crea-lo menor impacto visual posible e audaz a fin de franquea-los obstáculos naturais da forma máis perfecta tecnoloxicamente. Desta maneira as propias obras de enxeñería convertiríanse en parte desa paisaxe atrevida que atravesarían.
A ilusión de levar a cabo esta conexión non é nova e no transcurso dos pasados anos foi un tema recurrente que reapareceu ocasionalmente; sen embargo, o que quizáis faltara fora un esbozo do que o estado da arte en enxeñería de pontes pode facer na actualidade aproveitando os máis recentes avances tecnolóxicos.
Con esta intención, e dende a Escola de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña avánzase esta proposta de enlace entre as Rías Altas, denominada era 2000, formada por tres pontes que salvarían as rías da Coruña, Ares e Ferrol. Dúas delas son pontes colgantes cun van central de lonxitude superior ós dous kilómetros e vanos laterais de dimensións máis reducidas, mentres que o terceiro é una ponte arco de taboleiro intermedio de 500 m de luz. De todos eles preséntase sucintamente o deseño conceptual e cada un, polas súas dimensións, constituiría un récord no seu xénero, pero non son nin unha idea utópica, nin un soño irrealizable tecnicamente. Son propostas ambiciosas, pero posibles e a información doutros enlaces recentes ou proxectos de enlaces noutros países confirma a súa viabilidade.
1 comentario:
Bueno la propuesta es bastante antigua y creo que ya se intento un par de veces y siempre se tirado abajo el proyecto de viabilidad , ojala algun dia se puediese conseguir , pero creo que el dinero tendria que venir por parte de la empresa privada lo cual crearia un peaje , resultado :los pobres seguiriamos yendo a coruña por carretera general , quizas un poco mas aliviada de trafico.como comentario tabien seria importante para las dos ciudades y su entorno el libre peaje de autopista y tampoco se lleva a cabo , llevo pagando 25 años la de santiago , que ese era el tiempo maximo yla seguire pagando el resto de mis dias , un saludo y ojal se cumpla, para mas informacion sigue el link
http://caminos.udc.es/grupos/mmcte/era2000/era2000.phtml ,
Publicar un comentario