E, precisamente, como un dos obxectivos destes invernadoiros era o de axudar, coas prantas e flores, á recuperación dos balcóns aresáns –hai que lembrar, a este respecto, a primeira iniciativa do Concello de Ares encamiñada a acadar esta finalidade, que foi a celebración, o pasado ano, do I Concurso de Balcóns-, comezamos xa a regalar as prantas que xa están listas, como é o caso agora dos xeranios. Son 700 unidades pertencentes a seis especies diferentes, que foron prantadas e coidadas polos alumnos desta especialidade –ata un total de 16 poden chegar a traballar nos invernadoiros, aínda que con carácter permanente sempre hai dúas persoas do obradoiro atendendo ás prantas e semente-, que se entregarán ás persoas interesadas para a súa colocación en balcóns –estas especies son ás máis idóneas para estes espazos- ou nos xardíns particulares.
Polo tanto, os veciños e veciñas que desexen algún exemplar deberán chamar entre luns e venres, ata agotar existencias, ao número de teléfono 608 332 213, entre as 11.00 e as 12.00, facilitando o nome, a dirección e un teléfono, ao que o persoal municipal se dirixirá para facer a entrega das prantas. Pero iso non se quedará nestes xeranios, senón que o mesmo pasará coas prantas de tempada do invernadoiro: outros xeranios –das mesmas o doutras especies-, petunias ou alisos, entre outras, que na actualidade están en fase de crecemento.
Outra das finalidades dos invernadoiros é a de contar con prantas tapizantes, setos, etc. para adornar os xardíns municipais, polo que tamén se está traballando no coidado de diversas especies para que nos vindeiros meses os espazos verdes municipais podan ser abastecidos con prantas e flores do propio Concello, o que reducirá notablemente os custes deste departamento.
Non hai que esquecer que as Alfombras do Corpus, declaradas Festa de Interese Turístico de Galicia, son outras das destinatarias destes invernadoiros. Se ben se trata dunha axuda, xa que a cantidade que a asociación necesita é elevadísima e non chegarían nin a totalidade destes invernadoiros para facer fronte á demanda real, o certo é que esta colaboración tamén reducirá os custes aos que fan fronte cada ano estas persoas que elaboran as alfombras, ademais de que se lles facilitará o traballo de busca e recollida.
A este respecto, hai que subliñar que un invernadoiro está adicado en exclusiva á prantación de 3.000 claveis –a flor máis empregada nas alfombras- pertencentes a tres especies diferentes. Estes claveis poderán ser empregados na edición das Alfombras do vindeiro ano, posto que esta especie tarda aproximadamente nove meses en engordar para producir, é dicir, que ata a vindeira primavera non se poderán utilizar –a época de prantación é abril/maio-. Así mesmo, estase producindo verde para a mesma finalidade, a do Corpus, con prantas de tipo da hortensia, que tamén terán que seguir todo o ciclo produtivo e, polo tanto, tamén serán utilizadas na vindeira edición das Alfombras.
2 comentarios:
Gustaríame aproveitar o seu Blog para felicitalo polo éxito nas eleccións municipais 2011!O xusto é o xusto, NORABOA!Alégrome de que a xente de Ares valore o traballo ben feito, un saúdo!!!
Muchas gracias!!! Para mi es un auténtico honor!!!
Publicar un comentario