1. A urxente reforma e ampliación do Colexio Conde de Fenosa, mellorando ás súas infraestruturas e dotándoo de mellores equipamentos para os nosos fillos e fillas, así como a previsión de novos terreos para a futura construción dun novo centro escolar axeitado as novas necesidades do noso concello.
2. Seguir potenciando a educación de 0 a 3 anos, apoiando a Gardería Infantil.
3. Seguir estendendo as redes de abastecemento e saneamento a todo o concello.
4. A construción do novo Cemiterio municipal na zoa do Campo do Portal, en Lubre.
5. Seguir creando accesibilidade e seguridade nas nosas rúas, dotando a estrada que vai de Ares a Redes das mesmas melloras acadadas para as estradas de Ares a Chanteiro e de Ares a Franza, e continuando coa reparación e mellora dos nosos camiños no rural.
6. Seguir potenciando o transporte para que todos os veciños e veciñas poidan desprazarse as parroquias e ao Complexo Acuático do Castro.
7. Seguir coa supervisión da construción da Estación Depuradora de Augas Residuais, para garantir o saneamento integral da ría.
8. Seguir ampliando as infraestruturas náutico pesqueiras e deportivas do porto de Ares, dotándoas dun travelift, dun surtidor de combustible, de naves de estiba para embarcacións e dun novo Club de Remo de Ares para os nosos remeiros e remeiras.
9. Axudar a xestión da execución do Proxecto da nova Cofradía de Pescadores, redactado polo Concello, para mellorar ás súas infraestruturas e dotala de novos equipamentos, de acordo cos seus cofrades.
10. Seguir ampliando as infraestruturas turísticas, apoiando un complexo hostaleiro no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro e a posta en valor das Baterías da costa, coa entrada en funcionamento do observatorio astronómico da Bailadora, do centro ecuestre da Central e dunha base náutica no Castelo de San Martín, así como de novas instalacións para a práctica de deportes e actividades vinculados a natureza (escalada en Coitelada e airsoft, bicicleta, sendeirismo e cabalo en Montefaro e no Segaño).
11. Seguir apoiando decididamente as diferentes asociacións, cofradías, comisións e entidades para seguir dando resposta as súas necesidades e seguir participando activamente na organización dos seus eventos (Alfombra Floral, Festa da Xiba, Rutas do Pincho, Fitur, Semana Santa, Festas Patronais, Festa do Percebe, Festa do Ourizo, Regatas, Torneos, Campionatos, Encontros, Feira Mariñeira, Festa de Fin de Verán, etc.,) co obxectivo de potenciar o noso concello como destino turístico e de lecer.
12. Seguir ampliando o Complexo Deportivo de Pedrós con novas instalación para a práctica de mais deportes.
13. Seguir ampliando o Parque Fluvial do Humidal da Xunqueira.
14. Seguirá sendo obxecto de accesibilidade, coidado, desenvolvemento e protección toda a fachada marítima, dende as praias de Ares ata a praia de Chanteiro polo norte (castelo de Ares, centeás, estacas, illas mirandas, etc.,) e ata a praia de area morta polo sur (o xuncal, o raso, seselle, o mourón, sabadelle, etc.,), dándolle prioridade a execución do Proxecto para a Recuperación Integral da Fachada Marítima de Chanteiro e a recuperación para usos comunitarios do alboio de Redes.
15. Seguir potenciando os Obradoiros de Emprego, dirixidos especialmente as mulleres, os mozos e os parados de longa duración.
16. A rehabilitación das Escolas do Lago como Centro de Formación e Integración Laboral, e da Gandeira de Cervás como centro de apoio.
17. Seguir potenciando todos os Servizos Sociais e, en especial, a atención as persoas dependentes.
18. A supervisión da construción do novo Centro de Saúde, velando pola mellora dos seus equipamentos e a creación de máis servizos, esixindo o cuarto médico e un pediatra a tempo completo.
19. A apertura do Centro de Día para maiores de Caamouco, potenciando as actividades no Centro para maiores de Ares e mantendo a tradicional Cea Homenaxe anual para os nosos maiores.
20. A construción dun Centro Sociocomunitario no Concello Vello para poñer a disposición do asociacionismo aresán, facilitándolle as diferentes asociacións unhas instalacións adecuadas dotadas de oficinas, salas de reunión e auditorio para asembleas para o desenvolvemento das súas actividades, potenciando especialmente o asociacionismo feminino e a Cea Homenaxe anual para as nosas Mulleres Traballadoras.
21. Seguir potenciando os parques infantís e os servizos da Casa da Xuventude, para goce da nosa infancia e da nosa mocidade.
22. A rehabilitación da Escola de Lubre como Centro Social Parroquial e Local de Ensaio para Grupos.
23. Axudar a xestión da execución do Proxecto de rehabilitación da Tenencia de Redes, redactado polo Concello, para mellorar ás súas infraestruturas e dotala de novos equipamentos, de acordo cos seus socios.
24. Seguir potenciando a oferta municipal de actividades culturais e actividades e escolas deportivas en plena colaboración coas diferentes entidades culturais e deportivas do noso concello.
25. Seguir axudando e promocionando aos nosos “orgullos aresáns” nos eidos deportivo, cultural e creativo como os mellores embaixadores do noso pobo.
26. Seguir mellorando a organización administrativa municipal coa aprobación dunha Relación de Postos de Traballo.
27. Seguir potenciando un goberno dixital e unha administración dixital.
28. Seguir potenciando o desenvolvemento da sociedade da información para que o acceso a Internet chegue ao 100 % das veciñas e veciños.
29. Impulsar o desenvolvemento de medios de comunicación no eido municipal, accedendo tamén a unha frecuencia de radio propia.
30. Seguir potenciando o aforro enerxético con alumeados eficientes, tanto nos entornos urbanos como rurais.
31. A aprobación dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal que de cumprida resposta as nosas necesidades de desenvolvemento urbano e rural, favorecendo a rehabilitación dos nosos cascos históricos, o desenvolvemento dos nosos núcleos rurais e a previsión de terreos para as nosas necesidades de futuro, sobre todo no eido da educación, da saúde, do deporte, da seguridade, da natureza e do desenvolvemento dun polígono verde para o asentamento no noso concello de empresas limpas que creen postos de traballo (artesanais, medioambientais, tecnolóxicas e de investigación).
No hay comentarios:
Publicar un comentario