jueves, 3 de marzo de 2011

Mi Alcaldía le cuesta al Concello de Ares la mitad de lo que le costó la Alcaldía de Manuel Cendán

JULIO IGLESIAS SUBE ÁS REDES SOCIAIS O QUE A SÚA ALCALDÍA ESTÁ A COSTAR ÁS ARCAS MUNICIPAIS, A METADE QUE A DO ANTERIOR REXEDOR DO PP MANUEL CENDÁN

Julio Iglesias, ademais de colgar os datos no seu blog e en Facebook, pon a disposición d@s veciñ@s a documentación correspondente

ARES, 3 DE MARZO DE 2011.- O alcalde de Ares, Julio Iglesia...s, subirá nesta mesma xornada ás redes sociais (nomeadamente ao seu blog e a Facebook) os datos que constatan o que a súa xestión ao fronte da corporación está a costar ás arcas municipais. Nesta mesma publicación, o rexedor tamén ofrece as cifras oficiais do que lle costou ao Concello a Alcaldía do Partido Popular, de Manuel Cendán, ao longo do mandato comprendido entre os anos 2003-07, que conclúen que este último, con 242.423,96 euros, supuxo un custe para as arcas municipais que multiplica por dous o da actual Alcaldía socialista, con 119.433,49 euros en catro anos.

Deste xeito, e facendo unha media anual, o coste de Iglesias foi de 29.858,37 euros ao ano, mentres que o de Cendán ascendeu a 60.605,99 euros ao ano.

Atendendo a un exercicio de transparencia e seguindo coa política informativa iniciada dende que Iglesias accedeu á Alcaldía, esta iniciativa conclúe que, por un lado, o actual rexedor non cobra salario ningún polo seu traballo no Concello e que os ingresos que recibe son os correspondentes ás asistencias a comisións e plenos, o mesmo que perciben o resto de concelleiros agás as comisións de goberno, que se abonan aos edís que, obviamente, integran o grupo de goberno e non teñen dedicación exclusiva. Tamén compútanse os gastos de kilometraxe e dietas relativos ás numerosas reunións e xestións mantidas nas sedes das diferentes administracións, que o propio Iglesias ten que adiantar do seu propio peto e que, posteriormente, se lle reintegran.

Con todo, o actual alcalde socialista non chega nin á metade do que costou nos catro últimos anos do seu mandato o “popular” Manuel Cendán.

Ademais, a estes máis de 242.400 euros que Cendán lle costou as arcas municipais, habería que engadir o que percibiu Cendán durante eses mesmos catro anos en calidade de deputado provincial. Habida conta de que cada deputado asiste, como media, a un pleno por mes -563,65 euros- e a catro comisións informativas -352,26 euros cada unha-, o montante resultante, tomando estes datos como referencia, arroxarían unha cantidade media aproximada de 23.672,28 euros ao ano e 94.689,12 euros no total da lexislatura.

Julio Iglesias non só anuncia o que costa a súa xestión ás arcas municipais nas redes sociais, senón que, ademais, pon a disposición de todos os veciños e veciñas a documentación correspondente.

Porque es vuestro derecho y es mi obligación.

No hay comentarios: