sábado, 28 de noviembre de 2009

Centeás... Estacas... y ahora Las Barrosas...

Hoy en La Voz de Galicia

Hoy en el Diario de Ferrol



A Demaración de Costas inaugurou onte o novo acceso ó areal das Barrosas

M.F. > FERROL

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, acompañado polo xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, e o conselleiro técnico deste organismo, Carlos Gil, participaron onte na inauguración formal das escaleiras de accesoa á praia das Barrosas. Durante o acto, no que tamén estiveron presentes todos os integrantes do grupo de goberno e os representantes da empres Tragsa -compañía que executou os traballos- e Proyfe -empresa que redactou o proxecto-, Iglesias salientou a “excelente” colaboración do consistorio aresán co Goberno central e, en concreto, subliñou os “importantes e estratéxicos” investimentos feitos nestes últimos anos polo referido ente dependiente do Ministerio de Medio Ambiente, Rural y Marino.

Investimento > A actuación de acondicionamento do acceso á praia das Barrosas supuxo un investimento por parte de Costas de 95.762 euros e contou cun prazo de execución de tres meses e medio. Neste senso, Carlos Gil salientou que se trata dunha obra complexa debido a pendente do terreo, cun desnivel de 35 metros, motivo polo cal se buscou unha fórmula exeitada ao entorno e a “máis razoable” para facilitar a baixada e, sobre todo, a subida, aos usuarios do areal, tal e como explicou Gil. Así, construíronse 130 metros cadrados de escaleiras, o que supón 197 escalóns e 12 descansiños, éstes para minimizar a pendente.

Este é xa o terceiro acceso que fai Costas en praias de Ares -o primeiro programa de intervencións comenzou en Estacas, seguindo o traballo iniciado polos veciños- pero non será o último xa que os responsables deste organismo confirmaron onte que o vindeiro ano actuarán noutro areal da vila.

Redes > Logo de descubrir a praca na praia das Barrosas, e aproveitando a visita de Rafael Eimil e Carlos Gil, a comitiva desprazouse a Redes, onde supervisaron de novo -xa o fixeran o pasado 5 de outubro- as obras relativas á actuación integral da fachada marítima desta localidade. Trátase doutra intervención financiada por Costas con cargo ao Plan E e que conta cun orzamento de 1.285.000 euros. Neste caso tiveron ocasión de comprobar o estado dunha das actuacións máis importantes: o derrubo da sede do Clube Marítimo, unha batería que, en palabras de Carlos Gil, complementa ás de Seselle e Ares, cuxas obras comezaron no século XVIII. Estes traballos, que se levaron a cabo durante esta semana e remataron onte, contan cun permanente control arqueolóxico.

Por outra banda, onte mesmo remitiuse á Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y el Mar outro proxecto da Demarcación como é o da recuperación do borde litoral da praia Chanteiro.

No hay comentarios: