Dez proxectos para todos os aresáns, grazas ao Goberno de España.
A primeira destas iniciativas consiste na rehabilitación da Casa do Patín para albergar unha Casa da Xuventude, tan merecida polos nosos mozos e mozas.
Outra das actuacións tamén consiste na adecuación doutro inmoble, adquirido tamén recentemente polo Concello e tamén situado na rúa Real, ao que se trasladaran os importantísimos Servizos Sociais municipais.
A terceira actuación pretende levar a cabo un proxecto que porá solución á importante limitación de infraestructuras deportivas existente no municipio: o de crear un conxunto de instalacións deportivas na zona de Pedrós. Trátase, en concreto, da execución dunha primeira fase consistente na dotación dún novo campo de fútbol para desconxestionar o de herba artificial de Prados Vellos.
A cuarta actuación tamén é deportiva, e consiste na execución do tan necesario graderío para dito campo de fútbol de herba artificial de Prados Vellos.
O resto das accións (outras seis) refirénse igualmente a proxectos moi necesarios para o noso Concello, como son a substitución das farolas deterioradas no núcleo de Ares; o saneamento en Os Paxaros –actuación que vai na liña da nosa prioridade de dotar todo o municipio do servizo de abastecemento-; así como a reparación e apertura de camiños, como a apertura do Camiño do Serrón (O Parelelo) e a do Camiño do Curro (tamén ata o Paralelo), o afirmado do Camiño do Río Novo, e o reforzo do firme e a execución da rede separativa de pluviais na rúa Real, dende as Escolas de Lago ata o Mazote.
Case un millón de euros máis... para os veciños e veciñas de Ares...
2 comentarios:
Julio, noraboa pola túa labor no pobo, que en ano e medio mellorou significativamente. Segue así. E unha dúbida: ¿realmente é prioritaria a construcción dun novo campo de fútbol cando xa existe un? ¿será de uso privado para o Numancia ou de libre acceso?Penso que son moito máis necesarias pistas pra practicar outros deportes como baloncesto ou tenis, que actualmente non se poden practicar en todo o concello de Ares.
Moitas grazas pola súa visita e pola súa valoración do traballo do goberno local. A construcción dun novo campo de fútbol creemos que é necesaria para optimizar o de herba artificial de Prados Vellos, cuxa vida útil ten caducidade e, polo tanto, para descargarlle uso. Por suposto, a nova instalación vai ser de libre acceso. Sei que aínda son necesarias mais instalacións, por eso a nosa pretensión é a de construir un complexo deportivo en Pedrós, no que o novo campo de fútbol é só a primeira das actuacións que petendemos levar a efecto. Un saúdo.
Publicar un comentario