Unhas 300 mulleres participarán hoxe na cea-homenaxe organizada polo Concello de Ares para conmemorar o Día da Muller Traballadora.
Esta actividade, dixirida ás mulleres empadronadas neste municipio, desenvolverase no pavillón a partires das 21.00 horas e incluirá, ademais da cea en sí, diferentes actuacións. Así, o acto comezará coa rondalla Trovadores de Ares, para proseguir co espectáculo de Black Cherry Burlesque, unha agrupación especializada en shows de variedades dos anos 50.
Unha vez rematada a cea, terá lugar un baile, que estará amenizado polo grupo Alkar. Ademais, haberá un sorteo entre as asistentes de tres agasallos.
¡Que o pasedes moi ben!
No hay comentarios:
Publicar un comentario