En la Voz de Galicia: O BNG acusa ao Concello de Ares de asinar unha «delegación especial» para redactar o PXOM
En el Diario de Ferrol: Ares - El BNG critica la delegación de Luis Cendán para redactar el PGOM
O BNG DE ARES SE SUMA AO LEMA DO PP DE “CANTO PEOR MELLOR”
- Aos nacionalistas se lles fixo a mesma proposta de colaboración para a redacción do novo PXOM que ao NAL, pero o BNG, tras dous meses de espera, respostou por escrito que non
- O clamor dos veciños e veciñas de Ares solicitando un novo Plan Xeral de Urbanismo ten que estar por enriba de ideoloxías e partidos
ARES, 31 DE OUTUBRO DE 2011.- O goberno local de Ares, despois de ter coñecemento da rolda de prensa do BNG criticando a participación de NAL na redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, quere facer unha serie de puntualizacións relativas ás falsedades ditas en dita convocatoria por parte dos representantes nacionalistas, que se teñen convertido no “perro do hortelano” posto que nin queren colaborar co goberno aresán nin permiten que sexan outros os que o fagan.
Deixar claro en primeiro lugar que a necesidade de contar cun novo plan de urbanismo convertiuse nun verdadeiro “clamor” para a grande maioría de veciños e veciñas, que veñen demandando nestes últimos anos a redacción dun novo planeamento. “Este clamor popular ten que estar por enriba de ideoloxías e partidos”, manifestou o rexedor que, en todo caso, asegurou que en ningún momento o PSOE excluiu ao BNG. A este respecto, Iglesias explicou que o seu grupo político ofreceu aos nacionalistas xusto despois da toma de posesión da actual corporación –en xullo- colaborar na redacción do novo Plan Xeral, opción que foi rexeitada por escrito polo BNG nada máis e nada menos que dous meses despois de feita a proposta.
¿E que fai o grupo de goberno, se ten seis edís e precisa de, polo menos, sete votos para sacar adiante o PXOM? Pois seguir falando cos grupos que estiveran dispostos a sentarse para pechar un documento imprescindible para Ares. E nesa liña pechouse unha colaboración con NAL presidida pola transparencia, posto que este acordo garantiza a redacción dun novo planeamento urbanístico coa presenza non só de políticos do goberno e da oposición, senón tamen de técnicos expertos na materia. “Que o BNG non saiba defender os intereses dos aresáns non significa que os os demais non o fagamos”, afirmou Iglesias, que engadiu que nesta liña, a de respostar ás demandas veciñais, está a traballar o grupo de goberno –e seguirá facendo- con aquelas forzas políticas que estean dispostas a remar na mesma dirección.
Os responsables municipais subliñan que o BNG adoptou o mesmo lema que ten o PP, que é que “canto peor, mellor” e, sobre este punto, lembran que dende o inicio do mandato, as dúas formacións están a votar a todo que non. “O BNG segue sendo o partido do NON”, indicou Iglesias, que concluiu asegurando que “exclúense porque agora tamen sumanse ao lema do Pp de canto peor, mellor”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario