viernes, 8 de abril de 2011

La Diputación invertirá dos millones de euros en el vial que conecta Ares y Chanteiro


O PROXECTO DE MELLORA DA ESTRADA ENTRE ARES E CHANTEIRO EXECUTARASE UNHA VEZ QUE REMATEN AS OBRAS DE ABASTECEMENTO DE SAN PEDRO DE CERVÁS
  • O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o anuncio do expediente expropiatorio, paso previo á licitación duns traballos que suporán un investimento da Deputación Provincial de dous millóns de euros
ARES, 7 DE ABRIL DE 2011.- Tal e como se comprometera dende o inicio do mandato o actual alcalde de Ares, o socialista Julio Iglesias, a estrada que une a vila con Chanteiro, a DP-0402, será obxecto dunha importante reforma. De feito, o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe o anuncio de expropiación para a execución de ditos traballos, que consisten na ampliación e mellora do trazado e seguridade viaria en dita estrada.
A actuación, cuxo desembolso total sitúase nuns dous millóns de euros, enmárcase dentro do Programa de Investimentos en Viais Provinciais (2009-2011), aprobado pola institución provincial o 31 de xullo de 2009. Despois de realizar os trámites ante a Xunta de Galicia para declarar a urxente ocupación dos terreos afectados pola execución destes traballos, a Deputación somete agora a información pública o referido expediente expropitario, establecendo un prazo de 15 días hábiles para a súa consulta e, no seu caso, a presentación das alegacións que se estimen oportunas. No caso de que éstas non se formulasen, entenderíase o expedente definitivamente aprobado e, polo tanto, poderíase iniciar a licitación do proxecto, un dos máis importantes dos que afectan a viais e estradas do municipio.
Segundo explicou o alcalde, un dos principais impulsores desta intervención -estaba recollida no programa electoral dos socialistas e foi, xunto coa mellora da estrada de Redes, unha das demandas plantexadas dende o inicio do mandato á Deputación coruñesa-, as obras comezarán unha vez que estea rematado o abastecemento de Cervás, outra das actuacións acadadas polo Goberno local, neste caso financiada pola Xunta.
A este respecto, Iglesias indicou que, unha vez que xa están colocados os tubos da EDAR e rematadas obras de abastecemento e saneamento de Chanteiro, e que a execución do abastecemento de Cervás quedará lista ao longo do presenta no, o seguinte e inmediato paso -e así se está a desenvolver o cronograma de obras nesta zona- será o da realización da mellora desta estrada, que inclúe, entre outras actuacións relativas á seguridade e o trazado, a construcción dunha senda peonil, ademais do incremento do ancho dos carrís deste vial.
O alcalde destacou o importante investimento que se está levando a cabo en Cervás e Chanteiro, no que á mellora das súas infraestruturas e servizos básicos se refire. Neste eido, destacan o millón de euros do saneamento e abastecemento de Chanteiro e os 625.000 do abastecemento a Cervás, aos que agora se sumarán os 1,4 millóns da recuperación da fachada marítima de Chanteiro, que desembolsará Costas (Goberno central), e os arredor de dous millóns desta obra de mellora da estrada DP-402. En total, máis de cinco millóns de euros de investimento nesta parroquia, unicamente en obras relativas a servizos dos que ata o momento carecían os veciños desta zona do municipio ou en infraestruturas básicas e moi demandadas polos cidadáns.

No hay comentarios: